15/3/08

Cadetes B: rematan con nota

Unha a unha irán rematando as competicións nas que a EF Lalín ten equipos. Os primeiros en finalizar foron os cadetes B de Toño. Aínda que haxa quen poida pensar que a súa clasificación non ten mérito, de certo que non valora na súa xusta medida o esforzo dun equipo que, hai que lembralo, está en 1ª categoría autonómica, que no verao estivo a piques de darse de baixa pola escaseza de xogadores e que tiveron que botar man un domingo si e outro tamén de xogadores infantís, non só para completar baquiño, senón como titulares. Por iso, notable moi alto para adestrador e xogadores. Só resta saber con certeza cal será o número de descensos, pois coméntase extraoficialmente que haberá unha reforma de grupos que nos deixaría en 1ª.
Os números do Cadete B foron: 22 partidos xogados (6 gañados, 5 empatados, 11 perdidos), 32 goles a favor, 43 na contra. Sumou 23 puntos e quedou na 9ª posición. David, como vemos na clasificación de goleadores, foi o pichichi con 12 goles.








1 comentario:

Anónimo dijo...

creo que este foi un ano moi duro pa nos pero soubemos dala cara nos momentos importantes.
asdo: curras.