29/3/08

O Infantil B CAMPIÓN de Liga

Dez minutos tivo que estar o Infantil B pendente do teléfono na caseta do Cacheiras. Cando por fin se confirmou o 0-0 entre o At.Melide e o Valdulla, festa por todo o alto e baño na Fonte da Praza da Mariña trala chegada a Lalín dos Campións de Liga. Pero para iso houbo que superar a un Cacheiras que a falta de 5 minutos se puxo 1-2, o que, xunto cos longos 4 minutos de desconto do árbitro, engadiu máis emoción a un partido que por ocasións os da EFL xa deberían ter resolto moito antes. Os goles foron de Adrián e Brais.
Para esta importante cita Quiroga aliñou ao seguinte equipo: 1.-Kevin, 2.-Iago, 3.-Roni, 4.-Michi, 5.-César, 6.-Jorge, 7.-Guille, 8.-Serxio, 9.-Boyan, 10.-Brais e 11.-Camilo. Tamén xogaron: Dani Currucha, Currás, Adrián, Faílde e Iván. Pero a noraboa vai tamén para os de ficha B que hoxe non foron convocados: Iago Opel,Xabi, Álvaro, Saviola, Novegil e Uxío.
Agora, tralo título de Liga do Infantil B, para culminar o seu ascenso a 1ª Autonómica terá que ascender o Infantil A á Liga Galega.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

bbbbbbbbeeeeeeeennnnnnnnnnnnnn ...pero agora ten k ascender o ekipo A

Anónimo dijo...

Noraboas rapaces e tamén a Quiroga, moi bo traballo!
Agora a desfrutar do triunfo!
Con control, eh! jeje.

Anónimo dijo...

polos pelos ehhhh

agora a apoiar o "a"


ALA LALIN!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

ASI SI QUE SE GAÑA UNHA LIGA
UN INFANTIL
HALA LAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAALÍN

Anónimo dijo...

ala chicos con dous en fase de ascenso a gallega seguro que un pasa. ala, ala, lalin!!!!!!!!

Anónimo dijo...

NORABOA QUIROGA E RAPACES, AGORA TOCA APOIAR Ó A