8/3/08

Grave lesión de Dani Riádigos

Malas novas para a categoría infantil e a EFL: Daniel Riádigos, o xogador e máximo goleador do Equipo A que dirixe Richi, está enxesado e móvese en muletas debido a unha fisura na rótula. A grave lesión produciuse a fin de semana pasada ao caer da bicicleta. Aínda que non se pode aventurar o período de recuperación (fálase incluso de toda a tempada), o máis probábel é que non poida estar para a fase de ascenso a Liga Galega infantil, para a que os infantís están case clasificados. Como o máis importante é a súa saúde, desde a EFL desexámoslle que o tome con calma e se aplique a recuperarse ben, para volver canto antes co equipo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

vamos dani que tes que recuperarte para a fase, senon seranos moito mais dificil


ANIMO DANI!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

dani volvera pronto porque xa esta sen escaiola

Anónimo dijo...

dani xa esta sen escaiola

Anónimo dijo...

nn cain da bici