28/3/08

Trepidantes Partidos

Infantil B: derradeiro partido con Liga e ascenso en xogo. Os de Quiroga viaxan este sábado a Cacheiras agardando que o Valdulla pinche en Melide. Dous puntos separan aos aspirantes, aínda que o golaverage particular favorece á EF Lalín, polo que un empate ou unha derrota dos da Ulla daríanlle o título aos lalinenses. Pero, non o esquezamos, sempre e cando se gañe fóra, así que convén non estar demasiado pendentes do que acontece no outro campo e xogar a tope.
Benxamíns A e B: enfrontamento fratricida:
Os de Sueiro e os de Pablo dirimen un interesante partido no cumio da táboa. Favoritos son os do A, con Brais en plan estelar e aínda sen perder ningún partido na Liga, pero do B xa sabemos que é capaz de todo. A cita é o sábado, ollo á hora, ás 12.00 da mañá. O ambiente na grada está garantido, o bo xogo tamén.


Cadetes A ou a necesidade de sumar 3 puntos:
aínda que o Raio Sadense no parece un rival que poida frear aos de Montoto, tampouco convén confiarse. Os tres puntos son claves para enfrontar os partidos seguintes cos outros aspirantes ao ascenso, Santiago e Xuventú Aguiño.
Infantíl A: trámite co todopoderoso líder: Cos deberes xa feitos pola clasificación para a Fase de Ascenso, os de Richi renden visita ao Cidade de Santiago, que só perdeu un partido en toda a Liga. Será o domingo (atentos ao cambio horario do sábado) e dará a medida do noso equipo para os importantes momentos que se achegan nesta categoría.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola son curras dende franza e jodeme perderme o partidazo dos pekes espero k os ke estedes ai o disfrutedes xk vale a pena, eu seguro k estarei informado. animo campions. un saudo dende rennes.