16/3/08

Espectacular remontada do Infantil B

Faltaban 18 minutos para rematar o partido. As forzas andaban máis ca xustas pola semana na neve de moitos xogadores e a lousa do marcador falaba de 0-3 a favor do Cruces. Con este resultado o equipo Infantil B da EFL perdía toda opción de seguir meténdolle presión ao Valdulla na loita polo título. Xa non tiñan nada que perder. Había que queimar as naves. Así se fixo. E de que maneira. Ataque á desesperada e a contrareloxo. Pola heroica. E un tras outro foron caendo os goles ante a incredulidade dos afeizoados e xogadores do Cruces, que non daban feito ante a avalancha lalinense. Primeiro foi Boyán, case sen querer, logo un Adrián que estivo en todos os goles, a seguir Serxio engadiuse á festa e, ao cabo, un contrataque de Jorge permitiulle a Boyán poñer o definitivo 4-3. Emoción e alegría final de todo o plantel nun encontro que se recordará moito tempo no Manuel Anxo Cortizo e que permite seguir soñando.
Agora, cando só queda unha xornada, o líder Valdulla ten 26 puntos e visita a un At.Melide en horas baixas. O Infantil B está con 24 e vai a Cacheiras. Pero o empate a puntos favorece á EFL. Facede contas. Só ascende o primeiro.

5 comentarios:

administrador dijo...

PODESE TER DOUS EQUIPOS DA MESMA CATEGORIA INFANTIL A E B EN PRIMEIRA????

Anónimo dijo...

podense ter dous equipos de infantil o "a" e "b" na mesma liga de primeira.

Anónimo dijo...

Non se poden ter dous equipos na 1ª infantil. Se ascende o B, tería que ascender o A á Liga Galega. Recordemos que ao remate da Liga os 5 primeiros clasificados da A xogan unha fase de ascenso en toda Galicia. Pero tamén o campión da 2ª na que está o B, grupo 10, xoga esa fase.
Xabier Quiroga

Anónimo dijo...

E PODERIAMFASE XOGAR CO B ESTA FASE DE ASCENSO A GALEGA...

Xabier Quiroga dijo...

A circular federativa de inicio de tempada, que indicaba que o campión de 2ª, grupo 10, xogaría tamén polo ascenso á Liga Galega, provocou que todos cresen o que é un erro. A rectificación confirmouna por teléfono esta semana o secretario da EFL, Xavier Galego. Así pois, o campión da 2ª (Valdulla ou EF Lalín B) ascenderá a 1ª, pero non xogará esa Fase.
Quiroga