15/3/08

Moderar comentarios

Desde que abrimos a posibilidade de facer comentarios no blog da EFL, aínda que de inicio parecía que eran interesantes e ofrecían valiosas observacións para unirnos máis, o certo é que nos últimos días estamos a recibir unha serie de mesaxes de difícil catalogación, que non fan máis que acender rancores persoais e que non podemos consentir. Cremos que a limpa competencia entre compañeiros por demostrarlle aos adestradores as cualidades para xogar nun once ou nun sete inicial é boa, pero se iso dá paso ás inimizades e celos ou á falta de educación e respecto cara ás persoas, entón non imos a ningunha parte. Por iso, de aquí en adiante e porque nos resulta complicado poñer un límite, só imos admitir mensaxes con enderezo electrónico ou asinados. Acabouse o agocharse no anonimato. E de continuar con insultos ou disputas entre membros da mesma categoría ou equipo, prescindiremos totalmente deles. Non se trata de censurar (porque realmente xa non publicamos algúns moi subidos de ton), senón de mirar polo ben da Escola de Fútbol Lalín.
E agora xa podedes opinar sobre isto: É xusta esta medida? Pasástesvos un pouquiño ou non cos comentarios? Que podemos facer para mellorar?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

os comenterios criticos dentro dun respecto estan ben .xa que cada un pode opinar ou dicir o que pensa

Anónimo dijo...

enviar comentarios non anónimos só implica poñer o voso nome no apartado nome/URL.

Anónimo dijo...

pareceme ben que fagan pafetos pola zoa