23/3/08

Bos resultados

Paso adiante do equipo Xuvenil: 2-1 ante o Estradense e tres puntos de ouro que certifican o impecábel final de tempada dos xuvenís de César. Agora mesmo só podemos deducir que, se ao final son seis os que descenden, ata o derradeiro partido a loita será fratricida entre o Cruces (con mellor calendario), un Estradese que hai pouco tempo estaba a dez puntos, e nós. Emocionante, pois.
O infantil A clasificado para a Fase de Ascenso:Despois dos seis puntos acadados nesta Semana Santa (4-1 ao Villestro e 2-0 ao Boiro) o equipo infantil A de Richi certifica con moita solvencia a súa clasificación para a Fase de Ascenso a Liga Galega Infantil. O final de Liga convértese así nun mero trámite para os cinco primeiros clasificados (Cidade, La Salle, SP.Estrada, Nicrariense e EF Lalín), que deberán preparar a dureza dunha Fase na que para nada conta a posición na Liga, pois un sorteo decide os contrarios.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Rapaces, ke gran remate de tempada, ke saibades ke entrades nos meus plans para o noso casi seguro ascenso a nacional; sigo moi de preto obre todo a xogadores coma Matias(o AVE Rodeiro-Lalin); Garcias(o rapido da Cacharela); ou Miguel(destapouse coma goleador).
Pois iso, animovos a facer este pequeno esforzo final para salvar a categoria, tod seza por non xogar nunha categoria con seis equipos.

P.D: Cesar, podes confirmar ou desmentir o interese do Granada 74 en facerse cos teus servizos?

Saudos.(voltarei xD)

Anónimo dijo...

noraboa!!!! a polo ascenso

Anónimo dijo...

Graciñas a todo o equipo tecnico da escola,facedes-nos os pais mais facil a educacion mais basica dos nosos rapaces e iso nos tempos de hoxe donde o que mais funciona son as consolas e outros artiluxos tontos e moito de agradecer.

Anónimo dijo...

tendes ke ascnder

coller resistencia

e poñerye moitas gañas

e concentracion

se non non e nada

ánimo rapaces

e a traballar ke po ano en division de honor

Anónimo dijo...

quiroga a ver si esta vez pos a mensaxe vale?
RICHI, noraboa por ser como es cos rapaces.Animándoos cando perden, e agradecéndollo cando gañan.Grazas por ser como eres, si os rapaces te queren e por algo.Noraboa e a polo asecenso.TODOS XUNTOS PODEMOS!!!!!!!!