28/3/08

Alevíns: a piques de proclamarse CAMPIÓNS!!

Entre as vacacións de Semana Santa e os Torneos, e porque trala contundente vitoria en Cruces estaba case feito, estivemos a piques de nos esquecer. Pero hai que dicilo: cando aínda quedan tres xornadas para rematar a Liga Alevín do grupo 4 da zona de Santiago, a EF Lalín pode, esta mesma fin de semana, refrendar o seu tradicional dominio proclamándose CAMPIÓN de Liga Alevín. Aínda que os resultados non sexan o esencial na EF Lalín, tamén importa ver aos equipos no alto da clasificación para demostrar que sabemos competir. De acadar o título (o contrario queda lonxe, pois terían que perder os tres partidos, e lévanos todos gañados) noraboa por anticipado a todos os xogadores, non só os do A, e aos adestradores, Willy Alonso e Rafa Dacosta. E logo, a seguir adestrando para a Fase de Campións e para os Torneos.

No hay comentarios: