6/5/08

Fase de Ascenso Infantil: xa hai rival

En principio (porque seica está impugnado por algún club) podemos calificar o sorteo para a Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil para a EF Lalín como afortunado. Libramos do Cidade de Santiago, do Imperator e do Residencia, a priori os máis fortes. Correspondeunos o campión do Grupo 6º de segunda categoría autonómica Infantil: o SDR Numancia de Ares. Pero xa que as confianzas son o peor do deporte, convén non fiarse nadiña.
Primeiro partido en Lalín o 17 ou 18 (confirmarémolo), a volta en Ares. De pasar, tocaría un destes vellos coñecidos: Nicrariense ou Sp.Estrada.Algúns datos do noso rival: Fundación: 1948. Concello de Ares. Campo: Prados Vellos, herba artificial. Polo de agora non dispoñemos de foto do equipo, pero hai un vídeo en Internet.
Ver o blog: elnuman.blogspot.com, aí podedes ver algo do partido infantil Numancia-Meirás. Parecen grandotes.
Como o fixo na súa Liga? 1º clasificado do G6 de 2ª Autonómica infantil: xogados: 20; gañados: 18, empatados: 0, perdidos: 2; goles favor: 142, goles contra: 22; puntos: 54 (2º Portuarios: 53, 3º As Pontes: 46). Os dous partidos que perdeu foron ao remate da liga, cando xa estaba clasificado e precisamente ante o 2º e o 3º.

ÚLTIMA HORA: ao parecer confirmouse a impugnación do Calasanz e o SORTEO REPETIRASE o luns 12 de maio.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

vamos infantis q nos dependemos de vos oxala ascendades ALA EF LAliiiiiinnnnnnnnnnn oxala se recupere dani riadigos polo menos para o 2ª partido.

Xabier Quiroga dijo...

Ante as dúbidas suscitadas sobre os que xogan ou non esta Fase de Ascenso a liga Galega Infantil, cómpre aclarar de novo que, aínda que a circular de inicio de tempada dicía que a xogarían os campións de 2ª dos grupos 9 e 10 (deste foi a EF Lalín B), a Federación aclaroulle ao Secretario da EFL por teléfono que se trataba dun erro e que debían ser 2 equipos do Grupo 11 (senón os equipos da zona de Lugo capital quedaban sen ningunha posibilidade de ascenso). Neste punto é onde seica tamén reclamou o Val do Ulla, pois querían xogar eles, posto que o noso equipo A xa xoga esa Fase. É certo que a EFL tamén podía protestar polo seu erro, que ademais non corrixiron noutra circular (de aí a reclamación do Calasanz, ao que lle tocou o Residencia, un equipo que a priori non debería estar na Fase), pero entendemos que non nos levaría a ningures, pois xa temos ao A clasificado para intentar ascender, e de facelo o B tamén ascendería. Así pois o "problema" creárono os da Federación e, polo que parece, non foron quen de resolvelo aínda (a ver que sae o luns 12: novo sorteo ou novas reclamacións?).
Por certo, non sei se houbo un malentendido ou nos explicamos mal, pero creo que non dixemos que ningún campión de 2ª xogaba esta Fase de Ascenso, sobre todo se a mesma circular de principio de tempada xa establecía que grupos (de 1ª e 2ª) e número de equipos participaban nela. Téñase en conta que hai zonas onde non hai competición de 1ª de infantís por haber menos equipos, entón son cualificados como de 2ª. Pero se non se lles dá ningunha posibilidade de ascenso, desde logo que quedarían discriminados. Por iso entrou no sorteo o Santa Comba (G4), o Cedeira (G5) e mais o Residencia e o Burela (G11). Aí é onde tamén estaba na circular o G9 e o G10 (o do Infantil B da EFL).
Así pois, non é cuestión de sermos "falsos" (palabra moi dura), senón do que non fan ben e deciden os da Federación. De acordo?

Anónimo dijo...

moito animo e a ascender

un saudo

Anónimo dijo...

algo falsos sodes, porque parece a "cope" non poñedes os comentarios que non son do agrado do moderador, e iso so ten un nome, CENSURA.

Anónimo dijo...

grazas por publicarme, honrrate o feito, saudos e sorte co cidade.