18/5/08

Non puido ser na ida

Partido de ida da Fase de Ascenso a Liga Galega.
EF Lalín 1 (Iván, de cabeza)-Cidade de Santiago 3
Nada que obxectar ao resultado, pois os santiagueses demostraron o seu poderío. Pero a EF Lalín tivo oportunidades para cambiar o signo do partido. Con 1-1 no marcador, Dani estragou un mao a mao co porteiro, e mesmo Adrián chegou desequilibrado a un claro rexeite. Logo o Cidade meteu o 1-2 nunha falta inexistente, pero Brais aínda tivo outra clarísima ocasión para empatar. E xa ao final o Cidade redondeou o resultado cun elaborado 1-3.
Bo ambiente, moita tensión e deportividade. Resaltar o esforzo e traballo de todos os xogadores nun enfrontamento ao que o noso equipo chegaba moi ferido, pois ás baixas de Juanillo e Luís houbo que sumar un Rubén que se sacrificou para poder xogar, e Dani, que chegou moi xustiño na súa recuperación. Aínda así, e coa metade de xogadores de primeiro ano, fíxoselle fronte a un sólido Cidade (todos de segundo). Queda a difícil volta, pero hai que xogala. Pola EF Lalín Richi aliñou a: Alex, Rubén, César, Guille e Iván; Recimil, Mario, Marco e Ioni; Pájaro e Adrián. Tamén xogaron Dani, Boyan e Brais. Cheroki e Serxio estiveron na convocatoria.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

VAMOS, ANIMO!!!! NON ESTA TODO PERDIDO.AINDA PODEDES GAÑAR.MERECEDELO

Anónimo dijo...

si veña podedes gañar pero hai que reconocer que os de cidade son moi bos e vai estar dificil a cousa pero por intentalo non pasa nada