26/1/08
O que faltaba
24/1/08
Cheroki, lesionado
Desde a EFL, os teus amigos, desexámosche unha pronta recuperación. Botarémoste de menos. Seguro.
Adrián, coa Selección de Santiago
Calquera que asista aos partidos da EFL se decatará de que hai xogadores con maior potencial que o da súa categoría, polo que en moitos casos xogan partidos cos equipos que non lles corresponde pola idade e que, ademais, resultan decisivos nas victorias. Adrián Iglesias Moure é un deles, pois desde que chegou á Escola de Fútbol Lalín demostrou, ademais do seu potencial físico, que en pouco tempo se pode lograr unha enorme mellora técnica e táctica, iso sen deixar de ser un excelente compañeiro.Pero se hoxe aparece aquí non é polos seus goles, senón porque figura na convocatoria da Selección Alevín de Santiago que xogará a Fase Galega. Debuta este xoves 24 de xaneiro ante a escuadra de Lugo.
23/1/08
Xosé Luís, "RUCHO", debuta en 3ª co CD Lalín
Xosé Luís Lamas, máis coñecido polo nome futbolístico de Rucho entre os compañeiros da EFL, aínda sendo xuvenil, debutou o domingo en 3ª División co CD Lalín. Foi na segunda parte, ante o Arousa, partido que rematou 2-1 para os locais.

Durante as catro tempadas que estivo na Escola de Fútbol Lalín, onde se formou desde a pretempada 2003-2004, ano da súa fundación, Xosé Luís, ademais das súas enormes cualidades deportivas, sempre se distinguiu polo seu traballo e magnífico comportamento. Ao longo das categorías infantil, cadete e xuvenil, baixo as ordes de Montouto na primeira e de
César nas tres últimas, a pesar dalgunhas lesións que tivo que soportar, formouse como un magnífico central e mellor compañeiro e alumno. Os membros da EFL queremos felicitalo e, ao tempo, poñelo de exemplo de seriedade e constancia. O seu debut en 3ª é un premio para el e para todos nós
.
Nestas fotos vemos a súa evolución. Aí o temos desde os inicios na pretempada de infantís nas beiras do campo, pois o de herba artificial estábase facendo, pasando polas formacións infantil, con algún lance de xogo, a cadete, coa celebración do ascenso, ata o equipo xuvenil.
Noraboa, Rucho.
Nestas fotos vemos a súa evolución. Aí o temos desde os inicios na pretempada de infantís nas beiras do campo, pois o de herba artificial estábase facendo, pasando polas formacións infantil, con algún lance de xogo, a cadete, coa celebración do ascenso, ata o equipo xuvenil.
Noraboa, Rucho.15/1/08
Ante todo: esquí acuático
13/1/08
Primeiras formacións Benxamíns
8/1/08
Paso aos Benxamíns
Con tres

Na EFL agardamos deportividade e o máis exquisito comportamento, dentro e fóra do campo. Os rapaces meréceno, e nós gocemos do espectáculo e colaboremos.

Arrinca a 1ª xornada con estes enfrontamentos:
EF Lalín A- At.Melide
Dubra - EF Lalín B
EF Lalín C - Silleda
Aínda que nestas fotos non están todos, que ninguén o dubide: chegará o seu intre.
EF Lalín A- At.Melide
Dubra - EF Lalín B
EF Lalín C - Silleda
Aínda que nestas fotos non están todos, que ninguén o dubide: chegará o seu intre.
4/1/08
Ánimo "Bandeira"!
Desde a familia da EFL, cunha foto súa de hai anos, queremos darlle ánimos para que volva canto antes aos terreos de xogo co seu actual equipo, o CD Lalín xuvenil.
Agardamos o teu regreso!
Agardamos o teu regreso!
2/1/08
Os de Conxo
Chéganos en exclusiva a foto dos vencedores do Triangular alevín de fútbol 7 de Conxo. Non hai mellor maneira de despedir o ano 2007 que amosar o potencial en Compostela.De pé: Rafa Dacosta (adestrador), Marcos, Ionatan, Dani Areán, Serguinho, Manu, Adrián e Xosé Ramón. Anicados: Dani Gómez, Xabi Rei, David Domínguez, David García, Xabi "a Pulga", Rodrigo e Jorge.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
