30/12/07
Barreira "made in EFL" en vídeo
Cuíña e a EFL
29/12/07
Camilo "contactando"

Aínda que as "cousas" de Camilo son exquisiteces técnicas que hai que degustar sen ollar nin para o resultado nin para o sistema (ou sexa, miralas con ollos que gustan da creatividade), o certo é que por veces nos agasalla con loitas corpo a corpo que lle dan ese toque de excepción que todo xogador precisa. Non é que Camilo fuxa habitualmente do contacto, é que non se considera capacitado para levalo a cabo. Nesa consideración mental radica o erro. E sirvan de exemplo estas dúas instantáneas (case calcadas, por diante e por atrás), nas que nos decatamos de que o fútbol é un deporte de contacto. Así pois, se hai que ir á batalla, vaise. Incluso Camilo.27/12/07
II Torneo Alevín de Nadal en Compostela
Nestas fotos (en experimental "collage fusionado") están os xogadores que formaron a selección alevín da EFL que o este sábado 29 de Decembro, en Santiago de Compostela, participaron no II Torneo de Nadal do Deportivo Conxo, fútbol 7 categoría alevín.O equipo da EFL, dirixido por Rafa Dacosta, CAMPIÓN en Compostela.
Resultados e goleadores dos partidos:
EF Lalín-Cambados:7-3 (Adrián 4, Manu 2 e Rodrigo)
Cambados-Conxo: 6-6
-Teremos que aumentar as vitrinas para os trofeos? -E teremos.
26/12/07
Finais do Torneo Interno Pre-Benxamín
25/12/07
FELIZ NAVIDADE da EFL


Segundo lemos en Vieiros.com:
Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
Bo Nadal e deportivo Aninovo
20/12/07
O Partido
18/12/07
Collendo estilo
Chámase Daniel Álvarez Portela, alias Dani. Chegou á Escola a principios desta tempada co seu irmán, o infantil Iván. Dani, ademais dese chisco de traste que todo crío debe ter, xoga nos benxamín, está sempre enredando polo campo, axuda no que pode aos adestradores (e máis que lle mandaran) e, por riba, perfecciona o estilo, que de certo mellorou. Para mostra, a foto. Que máis se lle pode pedir a esta futura figura do balompé?16/12/07
As "batallas" de Mario
Mario sempre está disposto a competir, sempre aparece activo, sempre dando axudas aos compañeiros, sempre cortando o balón ou o xogo dos contrarios, sempre poñendo toda a carne no asador e entregándose ao máximo. Porque converte cada xogada de cada partido nunha auténtica batalla que dá os seus resultados e beneficia aos demais. Nunha Escola coma a nosa, na que intentamos que predomine o xogo combinativo, Mario é un exemplo a seguir, porque o fútbol tamén é contacto e pundonor. Por iso, Chapeau para el!4/12/07
COMENTARIOS no blog
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así que, xa que esta bitacora é cousa de todos, participar toca!
2/12/07
Cheroki: un infantil en Liga Galega cadete
Auténtico papelón o que superou Cheroki este domingo. Se xa non é fácil debutar nunha categoría superior, moito peor é facelo de porteiro, en Liga Galega cadete e ante un óso duro de roer como foi o Xuventú de Aguiño. Arroupado por Alex Sánchez, que pasou todo o partido animándoo, o gardarredes cumpriu como un campión debaixo duns paus que estaban moi moi lonxe. Ademais, tralo maior tropezo do Depor B, os cadetes fixéronse co liderato.O sr. Floro, un clásico
Se hai un seguidor que vive intensamente cada partido, ese é Floro, o avó de Diego Peña, porteiro cadete. Este domingo, aínda sen ter ao neto no campo, seguiu ordenando desde a banda, aleccionando, cabreándose e ofrecendo a súa retranca, mesturada con eses necesarios apontamentos técnicos que non pasan desapercibidos para ninguén. Cando el está, seguramente o equipo non precisa máis ca estar atento ás consignas deste verdadeiro clásico da EFL. Sábeno os cadetes A. Golpe de autoridade
A Liga Alevín, case sentenciada.Cun xogo combinativo espectacular e un equipo moi ben estruturado, no que as individualidades estaban ao servicio do colectivo, os lalinenses, da mao dun matador Adrián, puxeron en pé a un público emocionado (o lalinense) e resignado (o cruceño).
30/11/07
Que pasa cos porteiros?
Non sería noticia que un xogador se lesione. Entre tantos ata é normal. Pero a nova da EFL que traemos aquí ten a súa gravidade, pois trátase do único porteiro do que dispón o equipo cadete A, pero é que no B tampouco hai porteiros, pois está xogando Alex e, ás veces, Cheroki, os dous infantís.

Agardando que non sexa nada (ou que os antiinflamatorios obren o milagre co seu xeonllo), atrevémonos a amosar unha galería dos posíbeis substitutos das categorías inferiores (excluído Tino, o xuvenil) aos que Montouto e Toño poderían botar mao en caso de extrema necesidade.
Aquí están Alex, Xosé Ramón, Álvaro, Martín, Marcos, alias "Motoreta", Guille, Cheroki, Alex e Kevin. E non vai máis, se acaso algún fenómeno benxamín que, de seguro, aparecerá.
28/11/07
MiniTorneo Benxamín
DEUSES–DRAGÓNS EFL: 7-5
ATL. VACALOURA–ENDEMONIADOS: 2-4
MAGOS DO BALÓN–GUEPARDOS: 5-1
CLASIFICACIÓN:
| | Equipo | PX | PG | PE | PP | * | Pt |
| 1 | ENDEMONIADOS | 5 | 3 | 1 | 1 | 5 | 15 |
| 2 | GUEPARDOS. | 5 | 3 | 0 | 2 | 7 | 14 |
| 3 | AT. VACALOURA | 5 | 3 | 0 | 2 | 5 | 14 |
| 4 | DEUSES | 5 | 3 | 0 | 2 | 5 | 14 |
| 5 | MAGOS BALÓN | 5 | 1 | 2 | 2 | 5 | 11 |
| 6 | DRAGÓNS E.F.L | 5 | 0 | 1 | 4 | 4 | 7 |
12 goles: Dani Fernández, Dani Gavieiro
10 goles:Nico
9 goles:Fran Rodríguez, Edgar
8 goles: Guille
7 goles: Santi
6 goles: Jacobo, Carlos
5 goles: Santorum, Rubén F, Oscar
4 goles:Fran García e Álvaro
3 goles:Brais, Daniel Ramos, Borja
2 goles :Fernando, Lorenzo, Martín, Marcos Diéguez, Facundo e Manuel.
1 gol:Cristian, Blanki, Santi Rojas, Nacho, Ángel, José, Dani Álvarez e Rubén
27/11/07
25/11/07
PICHICHIS
Polo de agora van diante -aínda que falta Manu Rego, que desbancou a David no alevín A-, pero que non se descoiden que os demais apretan. Chama a atención a dura competencia á que David Alvarellos, sen xogar de punta, somete a Iker no cadete A, e os moitos goles que meten infantís e alevíns. E cando cheguen os benxamíns, tremer toca.O escudo da EFL
23/11/07
CONVOCATORIA PREVIA SELECCIÓN
Categoría sub-17: Xoel Sánchez Crespo (xuvenil)Categoría sub-15: José Ramón Blanco e Iker Hurtado (cadetes)
Categoría alevín fútbol 7: David García Val, Adrián Iglesias Moure, Manu Rego Fdez. e José Ramón (alevíns)
21/11/07
MiniTorneo Benxamín
XORNADA 4:
DEUSES–MAGOS DO BALÓN: 7-3
ATL. VACALOURA–GUEPARDOS: 2-5
DRAGÓNS EFL–ENDEMONIADOS: 4-6
CLASIFICACIÓN:
| Pos | Equipo | PX | PG | PE | PP | Gol. | Pt |
| 1 | ATL. VACALOURA | 4 | 3 | 0 | 1 | 5 | 13 |
| 2 | OS GUEPARDOS | 4 | 3 | 0 | 1 | 6 | 13 |
| 3 | ENDEMONIADOS | 4 | 2 | 1 | 1 | 5 | 11 |
| 4 | OS DEUSES | 4 | 2 | 0 | 2 | 5 | 11 |
| 5 | MAGOS DO BALÓN | 4 | 0 | 2 | 2 | 5 | 7 |
| 6 | DRAGÓNS DA E.F.L | 4 | 0 | 1 | 3 | 4 | 6 |
15.30: DEUSES–DRAGÓNS EFL:
16.00: ATL. VACALOURA–ENDEMONIADOS:
16.30: MAGOS DO BALÓN–GUEPARDOS:
GOLEADORES:12 goles: Dani Gavieiro
8 goles: Fran Rodríguez
7 goles: Dani Fernández, Nico
6 goles: Santi, Jacobo, Guille, Carlos
5 goles: Edgar
4 goles: Santorum, Fran García, Álvaro
3 goles: Rubén F., Óscar, Borja
2 goles: Fernando, Daniel Ramos, Lorenzo, Martín, Brais, Marcos Diéguez, Facundo e Manuel
1 gol: Blanki, Santi Rojas, Nacho, Ángel, José e Rubén
18/11/07
Da 1ª tempada da EFL: 2003-2004
E agora: búscate entre os "fundadores"!
13/11/07
MiniTorneo Benxamín
RESULTADOS:
XORNADA 3:
DEUSES – GUEPARDOS: 4-3
ATL. VACALOURA – DRAGONES E.F.L.: 4-2
MAGOS DO BALÓN – ENDEMONIADOS: 7-7 (Magos pp)
15.30: DEUSES–MAGOS DO BALÓN: 7-3
16.00: ATL. VACALOURA–GUEPARDOS.: 2-5
16.30: DRAGÓNS EFL–ENDEMONIADOS: 4-6
9/11/07
Un histórico que nos deixa
Torneo Benxamín
MiniTorneo EFL Benxamín 2007.
EQUIPOS:
OS DEUSES: Daniel Ramos, Edgar, Lorenzo, Guille, Curri, X.Manuel, Iker. ADESTRADORES: Alex R. e Cristian.
OS ENDEMONIADOS: Nico, Jacobo, Marcos Diéguez, Álvaro, Brais, Nachete, Aarón. ADESTRADORES: Fernando e Erik.
ATl. VACALOURA: Santorum, Fran R., Ángel, Blanki, Manuel, Fernando, Ainize. ADESTRADOR: Currás.
OS GUEPARDOS: Rubén Nogueira, Dani Gaviero, Borja, Santi R., Carlos, Dani Álvarez, Facundo.ADESTRADOR: Hugo.
MAGOS DO BALÓN: Rubén Ferreiro, Santi G., Rubén Sánchez, José R., Marcos Díaz, Óscar, José Machado. ADESTRADOR: Alex.
DRAGÓNS DA EFL: Dani Fdez., Cristian, Antonio, Martín, Sergio, Fran García, Santi Buján. ADESTRADOR: Brais.
NORMAS:
-Cada equipo estará composto por 7 xogadores.
-Xogárase a Fútbol – 5. (ou 6).
-Ningún xogador pode xogar todo o partido nin no mesmo posto.
-Cada 5 minutos o árbitro parará o partido e faranse os cambios.
-Os partidos serán de
-O equipo gañador sumará 4 puntos. En caso de empate xogaránse uns penaltis sumando 3 puntos o gañador da tanda e 2 puntos o perdedor. O equipo que perde o partido sumará 1 punto.
-O gol de cabeza vale doble.
-O equipo onde marquen 5 xogadores diferentes sumará un punto extra.
-Os dous primeiros clasificados xogarán a final o 15 de decembro.
RESULTADOS:
XORNADA 1:
DEUSES – ENDEMONIADOS: 4-7
ATL. VACALOURA – MAGOS BALÓN: 5-0
DRAGÓNS DA E.F.L.- GUEPARDOS: 3-7
XORNADA 2:
DEUSES – VACALOURA: 1-4
ENDEMONIADOS-GUEPARDOS: 2-7
DRAGÓNS E.F.L.- MAGOS EFL: 5-5 (Magos pp)
8/11/07
ai, aqueles xuvenís!

Entón chegou Xulio Mariño. E tocoulle ao novato. Pero sacou o látigo e... Chapeau para el. Traballo intenso e serio cun plantel no que había moitos rapaces que fixeran de todo menos xogar ao fútbol. Xa na metade da liga para gañarlles había que ir ao libro. Ao final, como corrían, como competían!En fin, ondandarán aqueles xuvenís do 2004?
3/11/07
"O truco"
Habilidoso, cando menos. Pero agora estades avisados.
31/10/07
Aquel partido, aquel recordo
28/10/07
Clásicos da EFL
19/10/07
Xuvenís: loitando contra os elementos
11/10/07
Os alevíns, a punto
30/9/07
Equipos 2007-2008
Anicados: .
Anicados: Rubén, Martín, Fran, X. Manuel e Oscar
Anicados: Fran, Marcos Díaz, Álvaro, jacobito, Guille e Carlitos
ALEVÍN B: De pé:Martín Sandá, Martín, Xoan, Ionatan, Diego, Xesús e Rafa (adestrador). Anicados: Iago , Leo, Alberto, Marco, Brian, Brais , Martín Dabobe e David.
ALEVÍN A: De pé:Marcos "Motoreta", Adrián, Manu, Dani Areán, Rodrigo, Jorge, X.Ramón e Willy (adestrador). Anicados: Serginho, David, Xabi "a Pulga", Xabi Rei e Dani Gómez.
XUVENIL: Arriba: César(adestrador), Álvaro, Cruces, Tino, García, Víctor, Dani, Xoel, Iván, Mariño e Cesarinho(2º adestrador). Abaixo: Kevin, Mesi, César, Miguel, Vilatuxe, Rubén, Marcos e Adrián.
INFANTIL A: Arriba: Richi(adestrador), Kevin, Michi, Pájaro, Cheroki, Mario, Mouriño, Iván e Recimil. Abaixo: Carlos, Ioni, Juanillo, Marco, Rubén, Guille e Dani.











