6/6/07

Partidos e Resultados

DATA - HORA - CAMPO: PARTIDO (RESULTADO): CATEGORÍA

(para clasificación 07-08: consultar LIGAZÓNS: Resultados e Clasificacións Correo)

DA TEMPADA 2006-2007:

  • sáb-9-xuño-07, 18.00, Sta.Isabel (Santiago):EF LALÍN-ALERTA TRAVIESAS (0-0):Cadete A: Final Fase Ascenso a Liga Galega: Non puido ser, atravesáronsenos os penaltis! Así a todo, bo partido, magnífica Fase e parabens polo ascenso! Para quitarse o sombreiro! Para a EFL sodes os campións.

Os Cadetes da final:Arriba: Toni, Canutas, Carlos, Mariño, Kevin, Xoel, Alex, Luís e Montouto(ad.). Abaixo: Antón, Rubén, Iker, César, Miguel, Adrián, Brian e Vilatuxe.

  • sáb-9-xuño-2007, os Benxamíns: Campión e subcampión de Liga, Nada menos! Parabens. E os do C dando guerra en todos os campos. Resultados da derradeira xornada 2006-2007: Callobre EF Lalín A (2-5 ), Silleda- EF Lalín B (1-3 ), EF Lalín C- SP Estrada (2-7 ) Realmente non hai quen poida cos peques! E ollo: seguen medrando!

  • dom-10-xuño-07, 12.30, Sta. Isabel(Santiago): BODEGÓN ARZÚA-EF LALÍN (2-0 ):Cadete B: Fase Ascenso a 1ª. Derrota, pero ascenso ao quedar segundos da liguiña. Noraboa! Xa temos un cadete que ocupará o lugar que deixou o A. Agora, a buscar xogadores para que non desapareza o B.

  • dom-10-xuño-07, 12.30, Abegondo (Coruña): DEPORTIVO-EF LALÍN (1-0 ):Alevín:Volta Semifinal Campións Liga F-7: Caer na semifinal Galega e co Depor pedindo a hora non parece normal. Pois foi así. Impresionante Fase de Campións, chavalotes!

Os Alevíns da Semifinal Galega de Campións de Liga: Arriba: Quiroga (adestr.), Currás, Iago I, Xabi, Serxio, Adrián, Álvaro, Willy(adestr.) e Mario(Infantil que apoiou). Abaixo: Dani, Juanillo, Marco, Michi, Kevin, César e Guille.

  • sáb-16-xuño-07, campo Lalín: Torneo Lalín CUP fútbol 7:

CLASIFICACIÓN FINAL:

Categoría Benxamín:CD LUGO, 2º Sta.Mariña, 3º EF Lalín A, 4º EF Lalín B, 5º Pontevedra, 6º CD Ourense.

Categoría Alevín:EF LALÍN B, 2º CD Ourense, 3º Sta. Mariña, 4º Pontevedra, 5º EF Lalín A, 6º CD Lugo.

Bo ambiente, escenario ideal, grandes equipos e magníficos partidos. As escuadras da EFL competiron a alto nivel.

Os Benxamíns de 2º ano estiveron a piques de meterse na final, pero un despiste nun corner levounos á consolación onde tiveron un óso duro de roer, os seus compañeiros de 1º ano, que venderon cara a súa derrota por un axustado 2-1, rematando 3º e 4º no torneo. Pola súa banda o primeiro equipo alevín amosou o seu poder goleando ao Pontevedra e ao Lugo e, despois dunha disputada final que rematou con 0-0, impúxose ao CD Ourense na tanda de penaltis por 3-2. O 2º equipo rematou 5º despois de vencer 1-0 ao Lugo nun partido moi serio.

No hay comentarios: