NON QUEDA NADA. Na fin de semana que vén inician a competición tres equipos das categorías de fútbol 11 da EFL, os tres fóra da casa.
Os primeiros en romper as hostilidades serán os infantís de Richi Vázquez. O equipo A, con moitos xogadores de 1º ano no plantel, desprázase ao campo do poderoso Sp.Estrada o sábado 15 pola mañá. Os dous equipos parten, a priori, como favoritos para ocupar unha das prazas que permite xogar a fase de ascenso á Liga Galega.
Pola tarde tócalle aos xuvenís de César Reboredo co Conxo C. Apesar de ser unha categoría cun potencial moi mermado -máis de 10 xogadores formados na EFL figuran no xuvenil do CD Lalín que adestra Román-, o traballo serio e constante de César sempre provoca unhas espectaculares segundas voltas. Lembremos ademais que "unha falcatruada" federativa no final da tempada pasada privou a este equipo -o máis en forma- de xogar a fase de ascenso.
Finalmente o domingo pola mañá e na Liga Galega cadete, o equipo A da EFL visita ao Depor B nun atractivo encontro dunha liga na que, tralo visto na pretempada, os de Xabier Montouto terán moito que dicir. Non é que sexa favorito, é que para gañarlle a este equipo hai que ser moi moi bo. Iso si, tampouco convén confiarse.
Pola tarde tócalle aos xuvenís de César Reboredo co Conxo C. Apesar de ser unha categoría cun potencial moi mermado -máis de 10 xogadores formados na EFL figuran no xuvenil do CD Lalín que adestra Román-, o traballo serio e constante de César sempre provoca unhas espectaculares segundas voltas. Lembremos ademais que "unha falcatruada" federativa no final da tempada pasada privou a este equipo -o máis en forma- de xogar a fase de ascenso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario