15/11/09

O inferno nas gradas do campo

Despois de 6 tempadas son continuas as queixas dos pais/nais da EFL (e dos afeccionados en xeral) cando se achegan ao Manuel Anxo Cortizo para ver un partido de fútbol no campo de herba artificial. Resulta un castigo querer presenciar un encontro cando chove (e mira ti que hai unha media de 7 entre o sábado e o domingo). Porque cando chove esa piscina é molladura segura. E non digamos se á choiva se lle engade o vento. Iso xa é un auténtico suplicio. Todos nos preguntamos se aos enxeñeiros que deseñaron os gradaríos non lles quedaría descansada a cabeza de tanto pensar como retirar á xente dos partidos ou se, pola contra, non cobraron o estipulado polo seu traballo. Porque mira ti que nin adrede se logra protexer menos gastando tanto en cemento. E o de que serven para os dous campos é outra coña, pois para ver ao CD Lalín hai gradas vellas que, polo menos, resgardan.En fin, que os seareiros de todos os clubs que utilizan o campo de herba artificial do estadio Manuel Anxo Cortizo, especialmente os da Escola de Fútbol Lalín, maioritarios, están verdadeiramente fartos de mollarse e sufrir ese inferno de auga e vento para poder gozar do seu deporte favorito e dos seus fillos, tanto en partidos como en adestramentos.
Por iso, e porque non se poden calar as constantes queixas, hai que preguntar: Para que se fan as instalacións deportivas? Non será para fardar no canto de fomentar o deporte? Quen pode aguantar un partido nesas condicións?
Na EFL cremos que, desde o Concello, xa é hora de buscar unha solución a este grave problema (xa sexa un pequeno gradarío cuberto do outro lado ou unha critaleira protectora no existente). Cando chove e fai vento, a grada non pode converterse nesa infernal piscina de cada fin de semana. Os que van ao campo (que son moitos e teñen voz) sábeno ben. As fotos son para os que nunca aparecen por alí.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co que se di aquí....o domingo fun ver o partido dos cadetes e era INSOPORTABLE....como se nota que os que mandan e poden ofrecer solucións non pasan por ahi a non ser que se inagure algo...
UNHA APERTA

Anónimo dijo...

cando no pavillon de balonman fai frio traen un cañon de calor, cando no pavillon de balonman chove arraxan as pingueiras,etc.que temos que ter un concellal de deportes que sexa aficiado ó fútbol para que mire algo polos pobres rapaces e siareiros que imos ó campo.
este fin de semana foi un verdadeiro suplicio ir a ver os rapaces.chegabanos a auga ata os mismisimos.un pouco de vergonza che debia dar d.nicolas concellal de deportes e alcalde.