21/1/09

Momentos EFL

Despois dun tempiño vagueando co blog, cos discos lumbares resentidos e con escasos datos aportados polos adestradores e polos que deben dar noticias (xogadores incluídos), remexendo no arquivo dos recordos fotográficos (e co ánimo de non cansar con palabras) atrevémonos a colocar algunha instantánea que nos lembra eses momentos da EFL, uns de ledicia polo esforzo, outros de xogo de camaradas ou mesmo arrapañando caucho no canto de atender ao partido, algún de desgaste e moitos moitos de amizade pura que será para sempre. Vai por eles, os momentos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ome e logo ese e o espiritu gañador dun xogador ke mais ke tirao na herba,outro atento mirando pra sabe dios que,outro rindo con unha cara de alegria descomunal,e por ultimo o mellor de todos o tumba cespedes ai collendo o caucho e impresionante o ke fan estes chavales un saudo pra mellor escola do pais e sobretodo da comarca seguide asi unha aperta grandisima dunha aficionada caxonda xao wapos isto vai pra todos