28/1/09

Partido decisivo

1ª división infantil autonómica. Grupo 3. Inicio da 2ª volta. Partido polo campionato.
De fronte as dúas mellores escuadras da Liga. EF Lalín A e Sporting Estrada. Os dous empatados a puntos. Os dous con só cinco goles encaixados!! Os dous practicando un bo fútbol e destacados dos seus perseguidores. Lixeira vantaxe para os dezaos, polos goles a favor e por xogar na casa. Pouco máis. Pero, quizais por iso, nótase exceso de confianza, relaxación nos adestramentos, falta de sacrificio e motivación nos nosos. Quiroga, un tanto cabreado, desconfía. Temos a baixa confirmada de Iago I (catro semanas). Juanillo, toda a semana na neve, foi convocado, o mesmo que Marco, renqueante por unha contratura, e Dani, se supera a súa gripe. Jorge Meixide, repescado a última hora co A, seica ten problemas físicos, polo que tamén aparece na lista o alevín Martín. Aínda así, serán capaces os nosos infantís de vencer e convencer para deixar case resolta a Liga?
Saberémolo o Sábado 31 de xaneiro, a partir das 11.00
no Manuel Anxo Cortizo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

animo os infantis a k merecen gañar a liga e m8888888888 +
dio un seareiro da efl

saudos os infantis marco,guille,failde,michi,iago,riadigos,adrian,brais,cesar...