8/11/07

ai, aqueles xuvenís!

Foi o primeiro equipo da categoría xuvenil da Escola de Fútbol Lalín. Tempada 2004-2005. Os siareiros máis botados para diante dicían de todo (sempre malo), e entre o Equipo Técnico a máxima era que, de inicio, "nin lle apuntaban".
Entón chegou Xulio Mariño. E tocoulle ao novato. Pero sacou o látigo e... Chapeau para el. Traballo intenso e serio cun plantel no que había moitos rapaces que fixeran de todo menos xogar ao fútbol. Xa na metade da liga para gañarlles había que ir ao libro. Ao final, como corrían, como competían!
En fin, ondandarán aqueles xuvenís do 2004?

3/11/07

"O truco"

Investigando na galería de recordos da EFL, acabamos de descubrir o truco empregado por "mister ascenso" nas celebracións do remate do partido. O exemplo aconteceu no sufrido partido de volta da Fase de Ascenso Infantil contra a Comercial de Lugo na tempada 2004-2005. E como tres imaxes valen máis que mil palabras, obsérvese atentamente a secuencia de fotogramas.
Foto 1: Inicio da xogada. Montouto e mais o equipo collen carreira ao lonxe.

Foto 2: Xa preto dos siareiros e en velocidade, orde de mergullarse.
Foto 3: Remate da faena. O mister bota o freo e todos a rasparse.
Habilidoso, cando menos.
Pero agora estades avisados.

31/10/07

Aquel partido, aquel recordo

Foi o primeiro equipo campión de Liga da Escola de Fútbol Lalín, o que todos admiraron, o que todos animaron. E pasou á nosa pequena historia. Pero ese día cadrou triste. Vese nas facianas, nas maneiras, nas mesmas bágoas pasadas adrede a sepia. Porque se todas as derrotas doen, aquela derrota co Callobre na casa doeu aínda máis.

28/10/07

Clásicos da EFL


Nunca faltarán nunha galería dos nosos xogadores, pero son algo máis ca iso. Sons eses que sempre están aí, forman parte de nós, como tamén a EFL forma parte das súas vidas. Son, en definitivas, clásicos.

19/10/07

Xuvenís: loitando contra os elementos

A categoría máis complicada e da que máis xogadores nos levan......e que aínda haxa quen tira pedras contra o propio tellado!

11/10/07

Os alevíns, a punto

Categoría problemática: só dous equipos de fútbol 7 e arredor de 40 xogadores. Como se soluciona isto? Xa que non se fixeron as reservas anticipadamente (para a vindeira tempada hai que poñerse serios), os adestradores están pensando nun sistema rotatorio.

30/9/07

Equipos 2007-2008

BENXAMÍN B: De pé: e Pablo(adestrador).
Anicados:
.
BENXAMÍN A: De pé: Sueiro(adestrador), Lorenzo ,Brais, Alex, Rivas, Manu.
Anicados:
Rubén, Martín, Fran, X. Manuel e Oscar
BENXAMÍN C: De pé: Toño Glez. (adestrador), Blankiño, Marcos, Dani, Manuel
Anicados: Fran, Marcos Díaz, Álvaro, jacobito, Guille e Carlitos
ALEVÍN B: De pé:Martín Sandá, Martín, Xoan, Ionatan, Diego, Xesús e Rafa (adestrador). Anicados: Iago , Leo, Alberto, Marco, Brian, Brais , Martín Dabobe e David.ALEVÍN A: De pé:Marcos "Motoreta", Adrián, Manu, Dani Areán, Rodrigo, Jorge, X.Ramón e Willy (adestrador). Anicados: Serginho, David, Xabi "a Pulga", Xabi Rei e Dani Gómez.
INFANTIL B: Arriba:Iván, Saviola, Michi, Kevin, Iago I, Serxio, Boyan, Xabi, Alan, Currás e X.Quiroga (adestrador). Abaixo: Camilo, Brais, Iago II, Dani Currucha, Roni, Novegil e Uxío.
XUVENIL: Arriba: César(adestrador), Álvaro, Cruces, Tino, García, Víctor, Dani, Xoel, Iván, Mariño e Cesarinho(2º adestrador). Abaixo: Kevin, Mesi, César, Miguel, Vilatuxe, Rubén, Marcos e Adrián.
CADETE B: Arriba: Toño(adestrador), Alló, Novoa, Méixome, Xabi, Rubén, Dani, Currás e Alex. Abaixo: Cambeiro, Pablo, Brian, David, Mario e Juan.
CADETE A: Arriba: Marcelo(delegado), Alvarellos, Manuel, Alex, Mouriño, Diogo, Canutas, Montouto (adestrador). Abaixo: Xabi, Diego, X.Ramón, Brian, Roi, Iker, Pacheco e Pablo.
INFANTIL A: Arriba: Richi(adestrador), Kevin, Michi, Pájaro, Cheroki, Mario, Mouriño, Iván e Recimil. Abaixo: Carlos, Ioni, Juanillo, Marco, Rubén, Guille e Dani.

18/9/07

Canutas, con nós

Rubén Varela Neira, "Canutas", en principio seguirá pertencendo á Escola de fútbol Lalín. Esa é a nova. Despois dunha semana de adestramento co Celta Cadete de División de Honor, o equipo vigués enviará un informe técnico do defensa lalinense ao seu adestrador, Montouto, e farálle un seguimento para valorar mellor a súa posíbel incorporación, sempre e cando as necesidades do equipo olívico así o requiran.
Deste xeito Canutas, polo de agora, seguirá demostrando o bo xogador que é coa EFL na Liga Galega Cadete, sabendo que hai moitos equipos que o están a observar.

9/9/07

A Liga, a unha semana

NON QUEDA NADA. Na fin de semana que vén inician a competición tres equipos das categorías de fútbol 11 da EFL, os tres fóra da casa.
Os primeiros en romper as hostilidades serán os infantís de Richi Vázquez. O equipo A, con moitos xogadores de 1º ano no plantel, desprázase ao campo do poderoso Sp.Estrada o sábado 15 pola mañá. Os dous equipos parten, a priori, como favoritos para ocupar unha das prazas que permite xogar a fase de ascenso á Liga Galega.

Pola tarde tócalle aos xuvenís de César Reboredo co Conxo C. Apesar de ser unha categoría cun potencial moi mermado -máis de 10 xogadores formados na EFL figuran no xuvenil do CD Lalín que adestra Román-, o traballo serio e constante de César sempre provoca unhas espectaculares segundas voltas. Lembremos ademais que "unha falcatruada" federativa no final da tempada pasada privou a este equipo -o máis en forma- de xogar a fase de ascenso.

Finalmente o domingo pola mañá e na Liga Galega cadete, o equipo A da EFL visita ao Depor B nun atractivo encontro dunha liga na que, tralo visto na pretempada, os de Xabier Montouto terán moito que dicir. Non é que sexa favorito, é que para gañarlle a este equipo hai que ser moi moi bo. Iso si, tampouco convén confiarse.


Pendentes de Canutas

CON CANUTAS OU SEN EL?
Esta é a pregunta do millón. Coa Liga Galega cadete a piques de iniciarse, as noticias de Canutas son que seguirá adestrando co equipo cadete de División de Honra do Celta de Vigo ata o mércores 12. Logo resolverase o seu. De inicio as impresións de Mosquera son boas, polo que se incrementan as dúbidas de se a Escola de Fútbol Lalín poderá ou non contar con Rubén nunha Liga na que o equipo de Xabier Montouto intentará o ascenso. Aínda que tanto adestrador como xogadores son especialistas nesta tarefa, está claro que con Canutas sería máis doado.

3/9/07

"Canutas" pretendido polo RC Celta

Despois das conversas mantidas entre a EFL e o Celta de Vigo, e unha vez que se celebrou a Lalín Cup, na que os olívicos conquistaron os trofeos infantil e cadete e puideron seguir a evolución dos xogadores dezaos, o "elixido" é Canutas.
O xogador foi solicitado vía fax polo Celta para que a EFL "tenga a bien permitir que su jugador D.RUBÉN VARELA NEIRA, de categoría cadete, pueda realizar una semana de entrenamientos con nuestro equipo Cadete División de honor". A intención é que Canutas adestre con eles e, se así o considera o adestrador Mosquera, ex do CD Lalín,pasar a formar parte do equipo vigués. Aínda que iso, de chegar a producirse, tería que valoralo e decidilo a familia de Rubén.
Canutas, que formou parte das categorías inferiores da EFL desde a súa fundación na tempada 2003-2004, figura nesa poderosa 1ª xeración de campións da EFL, pois foi campión alevín, dobre campión infantil e campión cadete, ademais de contar con tres ascensos de categoría. Desde os inicios destacou polo seu poder físico e mental, pola competitividade e pola intensidade do seu xogo, ademais do seu poderoso desprazamento de balón coa perna dereita. Os postos habituais nos que xoga son lateral dereito e central.
Desde a EFL, ademais de estar moi satisfeitos con esta nova, a "un dos nosos" como é Canutas queremos desexarlle o mellor. ESTAMOS CONTIGO, CANU!

1/9/07

O "poder" do Futbol 7

SETEMBRO: principian ALEVÍNS e BENXAMÍNS
Co novo mes inician os adestramentos as categorías de fútbol / da Escola. Alevíns e benxamíns son a auténtica referencia da bisbarra, pois desde que se creou a EFL acapararon a maioría dos campionatos ligueiros. Aínda que repetir os éxitos da anterior tempada semella complicado, nada parece imposíbel para esta nova xeración.

O luns 3, con Rafa Dacosta e Willy Alonso póñense en marcha os alevíns.
O martes 4, con Sueiro, Pablo Castro e Toño González, farano os benxamíns.
FOTO ARRIBA: Sueiro (ad.), Leo, Alberto, Martín, X.Ramón, David, Dani. Eric, Brais, Branquiño, Cristian, e Edgar.
FOTO ABAIXO: Pablo (ad.),Borja, Leo, Santorum, Avelino, Guille, Xabier e Serxio. Jacobito, Fran, guille Fdez., Nico e Xabi "a pulga".

TOÑO GONZÁLEZ, a fichaxe dos benxamíns


Por fin completouse a quiniela do Equipo Técnico da EFL.
Antonio González Fernández, máis coñecido por TOÑO nos ambientes deportivos lalinenses, acompañará a Sueiro e Pablo no traballo coa categoría benxamín da EFL.
Toño é diplomado en Maxisterio por Educación Física, cursa 3º de INEF en Pontevedra e xoga no C.D. Lalín de 3ª división. Desexámoslle unha rápida adaptación e queremos del a máxima entrega, como merecen os máis cativos da EFL. BENVIDO TOÑO!

26/8/07

Torneo Lalín CUP infantil e cadete

Aínda que discreta na clasificación, meritoria actuación dos equipos da EFL ante equipos de superior categoría.

Clasificación Final CADETE:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Pontevedra
3º.-Conxo
4º.-EF Lalín
5º/6º.-Pabellón e Sta. Mariña

Clasificación Final INFANTIL:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Santiago
3º.-Pabellón
4º.-Sta. Mariña
5º.-EF Lalín
6º.-Cidade Santiago

24/8/07

Torneo LALÍN CUP: o Celta "mira" para a EFL

Coincidindo coa Lalín Cup de Futbol 11 nas categorías Infantil e Alevín, o RC Celta de Vigo observará in situ a varios xogadores da EFL.
O Torneo, que se celebra o sábado 25 pola tarde e o domingo 26 pola mañá e que conta cun elenco de equipos moi poderosos, convértese así nun bo escaparate para as promesas lalinenses.
TORNEO INFANTIL:
Grupo A: EF Lalín, Santiago e Sta.Mariña.
Grupo B: Celta, Cidade Santiago e Pavillón.
TORNEO CADETE:
Grupo A: EF Lalín, Pontevedra(por baixa do Dínamo de Kiev) e Sta. Mariña.
Grupo B: Celta, Conxo e Pavillón.

22/8/07

Categorías, equipos e adestradores 2007-2008

Resolveuse parcialmente a quiniela do Equipo Técnico da EFL.
Despois de intentar conseguir a fichaxe dalgúns adestradores que fixesen posíbel presentar un cadro técnico máis completo (incluso cun especialista en porteiros), os adestradores para a vindeira tempada serán:
César Reboredo seguirá de coordinador e adestrador do equipo xuvenil.
Xabier Montouto fará o mesmo, levando o Cadete A, e Toño García terá a seu cargo o cadete B.
En infantís: Richi Vázquez será coordinador da categoría e adestrador do equipo A, e Xabier Quiroga pasa a ocuparse do Infantil B.
Rafa Dacosta incorpórase á categoría Alevín como coordinador, onde segue Willy Alonso como adestrador.
Xabier Sueiro prosegue de coordinador e adestrador de Benxamíns, con Pablo Castro como adestrador. A fichaxe sorpresa para esta categoría é TOÑO GONZÁLEZ, que compatibilizará o seu traballo na EFL co de xogador do CD Lalín.

19/8/07

Haberá 2º equipo CADETE 2007-08!


A Directiva e o Equipo Técnico da EFL, a pesar das dificultades previstas por só ter 25 xogadores confirmados na categoría, decidiu NON DAR DE BAIXA o 2º equipo cadete para a tempada 2007-2008. Así pois haberá CADETE A en Liga Galega e CADETE B en 1ª autonómica.
En tal decisión pesou máis o beneficio que para os actuais xogadores cadetes, e para os que o vindeiro ano o serán, representa o ter 2º equipo en competición, que a reducida plantilla ou as debilidades dun equipo que ascendeu a 1ª na tempada anterior. Coa axuda dos infantís e algún que outro desdobre de cadetes, ademais dos que aínda poidan anotarse, contamos saír adiante.

8/8/07

Convenio co RC Celta de Vigo

PROSEGUEN OS CONTACTOS ENTRE A EFL E O CELTA
Despois da decisión tomada pola Asemblea no final de Tempada, na que se debateu e rexeitou a proposta celtista, a EFL redactou un acordo con novos termos. Fundamentalmente a nova proposta de Convenio que se lle fixo chegar ao Celta implica manter sempre a independencia económica e deportiva da EFL.
Dado o cambio de dirixentes no seo do RC Celta, houbo que agardar un tempo para que a estudasen e en Agosto reiniciáronse os contactos entre as dúas entidades.
O borrador do novo Convenio está a ser debatido e depurado polas dúas Directivas. De inicio hai vontade de chegar a un acordo e asinalo en Setembro.

1/8/07

Tempada 2007-2008

DATAS de INICIO dos ADESTRAMENTOS e horarios
Categoría BENXAMÍN: martes 4 de Setembro, ás 18.00 horas
Categoría ALEVÍN: luns 3 de Setembro, ás 17.00 horas
Categoría INFANTIL: luns 20 Agosto, ás 17.00 horas
Categoría XUVENIL:
Empezaron o luns 6 Agosto. 3-4 sesións semanais
horario: de 19.00 a 21.00
Categoría CADETE:
Empezaron o luns 30 Xullo.
4 sesións semanais: luns, martes, xoves e venres.
horario: de 18.30 a 20.30