26/8/07

Torneo Lalín CUP infantil e cadete

Aínda que discreta na clasificación, meritoria actuación dos equipos da EFL ante equipos de superior categoría.

Clasificación Final CADETE:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Pontevedra
3º.-Conxo
4º.-EF Lalín
5º/6º.-Pabellón e Sta. Mariña

Clasificación Final INFANTIL:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Santiago
3º.-Pabellón
4º.-Sta. Mariña
5º.-EF Lalín
6º.-Cidade Santiago

24/8/07

Torneo LALÍN CUP: o Celta "mira" para a EFL

Coincidindo coa Lalín Cup de Futbol 11 nas categorías Infantil e Alevín, o RC Celta de Vigo observará in situ a varios xogadores da EFL.
O Torneo, que se celebra o sábado 25 pola tarde e o domingo 26 pola mañá e que conta cun elenco de equipos moi poderosos, convértese así nun bo escaparate para as promesas lalinenses.
TORNEO INFANTIL:
Grupo A: EF Lalín, Santiago e Sta.Mariña.
Grupo B: Celta, Cidade Santiago e Pavillón.
TORNEO CADETE:
Grupo A: EF Lalín, Pontevedra(por baixa do Dínamo de Kiev) e Sta. Mariña.
Grupo B: Celta, Conxo e Pavillón.

22/8/07

Categorías, equipos e adestradores 2007-2008

Resolveuse parcialmente a quiniela do Equipo Técnico da EFL.
Despois de intentar conseguir a fichaxe dalgúns adestradores que fixesen posíbel presentar un cadro técnico máis completo (incluso cun especialista en porteiros), os adestradores para a vindeira tempada serán:
César Reboredo seguirá de coordinador e adestrador do equipo xuvenil.
Xabier Montouto fará o mesmo, levando o Cadete A, e Toño García terá a seu cargo o cadete B.
En infantís: Richi Vázquez será coordinador da categoría e adestrador do equipo A, e Xabier Quiroga pasa a ocuparse do Infantil B.
Rafa Dacosta incorpórase á categoría Alevín como coordinador, onde segue Willy Alonso como adestrador.
Xabier Sueiro prosegue de coordinador e adestrador de Benxamíns, con Pablo Castro como adestrador. A fichaxe sorpresa para esta categoría é TOÑO GONZÁLEZ, que compatibilizará o seu traballo na EFL co de xogador do CD Lalín.

19/8/07

Haberá 2º equipo CADETE 2007-08!


A Directiva e o Equipo Técnico da EFL, a pesar das dificultades previstas por só ter 25 xogadores confirmados na categoría, decidiu NON DAR DE BAIXA o 2º equipo cadete para a tempada 2007-2008. Así pois haberá CADETE A en Liga Galega e CADETE B en 1ª autonómica.
En tal decisión pesou máis o beneficio que para os actuais xogadores cadetes, e para os que o vindeiro ano o serán, representa o ter 2º equipo en competición, que a reducida plantilla ou as debilidades dun equipo que ascendeu a 1ª na tempada anterior. Coa axuda dos infantís e algún que outro desdobre de cadetes, ademais dos que aínda poidan anotarse, contamos saír adiante.

8/8/07

Convenio co RC Celta de Vigo

PROSEGUEN OS CONTACTOS ENTRE A EFL E O CELTA
Despois da decisión tomada pola Asemblea no final de Tempada, na que se debateu e rexeitou a proposta celtista, a EFL redactou un acordo con novos termos. Fundamentalmente a nova proposta de Convenio que se lle fixo chegar ao Celta implica manter sempre a independencia económica e deportiva da EFL.
Dado o cambio de dirixentes no seo do RC Celta, houbo que agardar un tempo para que a estudasen e en Agosto reiniciáronse os contactos entre as dúas entidades.
O borrador do novo Convenio está a ser debatido e depurado polas dúas Directivas. De inicio hai vontade de chegar a un acordo e asinalo en Setembro.

1/8/07

Tempada 2007-2008

DATAS de INICIO dos ADESTRAMENTOS e horarios
Categoría BENXAMÍN: martes 4 de Setembro, ás 18.00 horas
Categoría ALEVÍN: luns 3 de Setembro, ás 17.00 horas
Categoría INFANTIL: luns 20 Agosto, ás 17.00 horas
Categoría XUVENIL:
Empezaron o luns 6 Agosto. 3-4 sesións semanais
horario: de 19.00 a 21.00
Categoría CADETE:
Empezaron o luns 30 Xullo.
4 sesións semanais: luns, martes, xoves e venres.
horario: de 18.30 a 20.30

19/6/07

Empresas colaboradoras da EFL

Tempada 2006-2007
A Barra bar- A Casa de Antón - A Piñata
A Robleda parrillada - Agrobotica - Alfonselle Bar
Alto da Pena - Aluminios Nofra - Aprodeza
Autoescola Lalín - Avícola Tratante - B.S. Electrónica
Bar Currás - Bar do Pepe - Bernabé
Bisel - Blanco y Oro - Bouzada Panadería
Brighe´s School Caixagalicia Caixanova
Calzados Alca - Campos y Trabazo - Cemig
Cesarte - Clan - Decopin
Deza Publicidade - Dielectro - Disiclín
Disom - Embutidos J.Antonio e Nilo - Embutidos Lalinenses
Eroski - Estudio Deza-Sete - Excavacións Vilariño
Ferga - Fervi E.S. - Florentino
Framiñán construcións - Frutas Jorge - Gadepu
Gadisa - Gagotrans - Galuper
García y Montoto - Géneros de punto Iván - Géneros de punto Montoto
Gerlo - Guerral - Herfersum
Hnos. Pol - Hotel Palacio - Iberiaglass
Inasus - Inmebo - Javier Fdez (Mapfre)
Kubos cafetería - La Marina Golosinas - Lalín Frut
Majema - Meixide - Motor Lalín
Nevada cafetería - Nucamsa - P.S. Inox
Panadería Nercellas - Paz Aguiar promotora - Pescados Abel
Pizzería Venecia - Portadeza - Proquideza
Restaurante A Diligencia - Ricardo Vázquez - Serviauto
Silva e González - Sumifer - Taboada bar
Taboada e Ramos - Talleres Recimil - Teglass
Transportes A Balouta - Vegonsa - Vivafer
Xoiaría Romero - Zafiro Tours

6/6/07

Partidos e Resultados

DATA - HORA - CAMPO: PARTIDO (RESULTADO): CATEGORÍA

(para clasificación 07-08: consultar LIGAZÓNS: Resultados e Clasificacións Correo)

DA TEMPADA 2006-2007:

  • sáb-9-xuño-07, 18.00, Sta.Isabel (Santiago):EF LALÍN-ALERTA TRAVIESAS (0-0):Cadete A: Final Fase Ascenso a Liga Galega: Non puido ser, atravesáronsenos os penaltis! Así a todo, bo partido, magnífica Fase e parabens polo ascenso! Para quitarse o sombreiro! Para a EFL sodes os campións.

Os Cadetes da final:Arriba: Toni, Canutas, Carlos, Mariño, Kevin, Xoel, Alex, Luís e Montouto(ad.). Abaixo: Antón, Rubén, Iker, César, Miguel, Adrián, Brian e Vilatuxe.

  • sáb-9-xuño-2007, os Benxamíns: Campión e subcampión de Liga, Nada menos! Parabens. E os do C dando guerra en todos os campos. Resultados da derradeira xornada 2006-2007: Callobre EF Lalín A (2-5 ), Silleda- EF Lalín B (1-3 ), EF Lalín C- SP Estrada (2-7 ) Realmente non hai quen poida cos peques! E ollo: seguen medrando!

  • dom-10-xuño-07, 12.30, Sta. Isabel(Santiago): BODEGÓN ARZÚA-EF LALÍN (2-0 ):Cadete B: Fase Ascenso a 1ª. Derrota, pero ascenso ao quedar segundos da liguiña. Noraboa! Xa temos un cadete que ocupará o lugar que deixou o A. Agora, a buscar xogadores para que non desapareza o B.

  • dom-10-xuño-07, 12.30, Abegondo (Coruña): DEPORTIVO-EF LALÍN (1-0 ):Alevín:Volta Semifinal Campións Liga F-7: Caer na semifinal Galega e co Depor pedindo a hora non parece normal. Pois foi así. Impresionante Fase de Campións, chavalotes!

Os Alevíns da Semifinal Galega de Campións de Liga: Arriba: Quiroga (adestr.), Currás, Iago I, Xabi, Serxio, Adrián, Álvaro, Willy(adestr.) e Mario(Infantil que apoiou). Abaixo: Dani, Juanillo, Marco, Michi, Kevin, César e Guille.

  • sáb-16-xuño-07, campo Lalín: Torneo Lalín CUP fútbol 7:

CLASIFICACIÓN FINAL:

Categoría Benxamín: 1º CD LUGO, 2º Sta.Mariña, 3º EF Lalín A, 4º EF Lalín B, 5º Pontevedra, 6º CD Ourense.

Categoría Alevín: 1º EF LALÍN B, 2º CD Ourense, 3º Sta. Mariña, 4º Pontevedra, 5º EF Lalín A, 6º CD Lugo.

Bo ambiente, escenario ideal, grandes equipos e magníficos partidos. As escuadras da EFL competiron a alto nivel.

Os Benxamíns de 2º ano estiveron a piques de meterse na final, pero un despiste nun corner levounos á consolación onde tiveron un óso duro de roer, os seus compañeiros de 1º ano, que venderon cara a súa derrota por un axustado 2-1, rematando 3º e 4º no torneo. Pola súa banda o primeiro equipo alevín amosou o seu poder goleando ao Pontevedra e ao Lugo e, despois dunha disputada final que rematou con 0-0, impúxose ao CD Ourense na tanda de penaltis por 3-2. O 2º equipo rematou 5º despois de vencer 1-0 ao Lugo nun partido moi serio.

Xunta Directiva

RENOVACIÓN DE XUÑO DO 2007
PRESIDENTE:
César Reboredo Rozas, Tfno: 986-78 18 83, 678 952 042
VICEPRESIDENTE:
Pedro González García, Tfno: 986-78 38 69, 659 906 610
SECRETARIO:
Xabier Gallego Fernández, Tfno: 986-78 36 37, 649 845 027
TESOUREIRO:
David Alvarellos González, Tfno: 616 306 325
VOCAL:
Manuel González Quintana, Tfno: 986-78 42 95, 658 949 170
VOCAL:
Antonio Rodríguez Troitiño, Tfno: 607 752 355
VOCAL:
Julio Vázquez Vázquez, Tfno: 697 707 374
VOCAL:
Xosé Luís Ulloa González, Tfno: 986-78 04 99, 986-78 20 49, 675 945 396
VOCAL:
Marcelo Rajoy González, Tfno: 667 866 828
VOCAL:
José Domínguez Carballo, Tfno:
VOCAL:
Xosé Luís Reboredo Riádigos, Tfno: 986 78 18 30, 657 261 035

5/6/07

Coordinadores e adestradores 07-08

XUVENIL:
César Reboredo: 986 78 18 83 e 678 95 20 42
CADETE:
A:Xabier Montouto: 986 78 34 20 e 645 34 23 06
B: Toño García: 649 727 959 e 986 79 4043
INFANTIL:
A: Richi Vázquez: 6449 763 121
B:Xabier Quiroga: 986 78 43 40 e 629 80 56 08
ALEVÍN:
A: Willy Alonso: 627 566 644 e 986 58 08 54
B: Rafa Dacosta: 680 173 005 e 986 58 11 32
BENXAMÍN:
A: Xabier Sueiro: 986 78 09 89 e 676 01 14 73
B: Pablo Castro Currás: 986 78 05 62 e 619 990 155
C: Toño González:
RECUPERADOR:
Xoán Carlos Crespo Glez.: 986 78 10 97 e 610 930 067

Cotas de socio

Cota anual de socio da EFL (Asemblea 31-05-2005): 200 €
DESCONTO por ter IRMAOS na EFL:
2º irmao (50%): 100 €
3º , 4º, 5º irmao: de balde
TIPO DE PAGO:
1 anual (setembro): 200 €
2 prazos (setembro-xaneiro): 125+75 (2º irmao: 60+40)
3 prazos (setembro-decembro-marzo): 100-50-50 (2º irmao: 50+25+25)

Poderase pagar no banco ou no campo aos coordinadores deportivos e directivos, que darán un recibo.
Ingreso en calquera das dúas CONTAS BANCARIAS da EFL: (indicar claramente o datos do xogador e a categoría)
Caixa Nova: 2080 0041 07 004002003-6
Caixa Galicia: 2091 0503 56 304001992-4

4/6/07

Documentos entrada EFL

Documentación que hai que entregar aos coordinadores ou adestradores:
XOGADORES NOVOS:
1.-Certificado de aptitude deportiva asinada por un médico colexiado.
2.-Fotocopia da tarxeta sanitaria na que figure o xogador/a.
3.-Ficha persoal cuberta (entrégase na EFL).
4.-Fotocopia do DNI (ou certificado de nacemento ou libro de familia).
5.-3 fotos tamaño carné.
6.-Recibo de pago do banco (con nome e apelidos, prazo e cantidade pagada, unha vez decidido quedar).
XOGADORES DA EFL (renovación de fichas):
1.-Certificado de aptitude deportiva asinada por un médico colexiado (o certificado médico renóvase cada 2 anos)
2.-2 fotos tamaño carné.
3.-Recibo de pago no banco (con nome e apelidos, prazo e cantidade pagada).

1/6/07

Fotos equipos 2006-2007

INFANTIL A: Arriba: Richi (adestrador), Alex, Dani, Novoa, Iker, Iván, Daniel, Pablo, Cheroki e Recimil. Abaixo: Mario, Rubén, Dani Riádigos, Brian, Carlos, Juanillo e Currás.
XUVENIL:Arriba: Tino, García, David, X.Luís, Cruces,Willi, Álvaro, , Dani e Iván. Abaixo: César (adestrador): David Galego, Corradi, Óscar, Marcos, Messi e Jheison.

UNHA SELECCIÓN BENXAMÍN 2007: Vaia equipassso!


BENXAMÍN C: Arriba. Pablo(adestrador), Borja, Leo, Santorum, Iago, Guille, Xabi e Serxio.Abaixo: Jacobito,Fran,Guille Fdez.,Santi, Nico e Xabi "a pulga".


un CADETE B (2ª):Arriba: Diogo, Marcos, Xoel, , David, Manuel e Toño (adestrador). Abaixo: Rubén, Roi, Adrián, Pacheco e Jorge.

un BENXAMÍNS B: Arriba: Rafa (adestrador), Marco, Alex Rivas, Fernando, Brian e Ionatan. Abaixo: Xabi, Fran, Cristian, Rubén, Hugo, Manu e Alex.

un BENXAMÍN A: Arriba: Sueiro (adestrador), Leo, Alberto, Martín, X.Ramón, David e Dani. Abaixo: Erik, Brais, Branquiño, Cristian, e Edgar.

un ALEVÍN B: Arriba: Álvaro, Manu, Rielo, César, Faílde e Willy (adestrador). Abaixo:Ionatan, Jorge Vilas, Dani Areán, Serginho, Iago II e Diego.

un CADETE A(1ª): Arriba: Montouto (adestrador), Mariño, Carlos, Toni. Kevin e Luís. Abaixo:Matías, Adrián, Miguel, Mario, Alex e Cristian.


un INFANTIL B: Arriba: Toñito (adestrador), Rodrigo, Recimil, , Luís, , Alan, Alex e Rubén. Abaixo: Camilo, Michi, Carlos, Forno, Pájaro, Boyán e David.

un ALEVÍN A: Arriba: Kevin, Xabi, Serxio, Adrián, Michi, Currás e X.Quiroga (adestrador). Abaixo: Cristian, Guille, Marco, Juanillo, David e Marcos.

ALEVÍNS 2006-2007: Arriba: Kevin, Dani, Marco, Serxio, Michi, Rielo, César, Iago II, Faílde, Iago I, Xesús e Álvaro. Abaixo: Currás, Marcos, Guille, David, Juanillo, Roni, Xabi, Adrián, Jorge Vilas, Serginho, Diego e Ionatan.

Faltaban: Jorge Brei, Brian, Cristian e Toño.





un INFANTIL A (LIGA GALEGA): Arriba: Cheroki, Novoa, Dani, Currás, Iker, Pablo e Richi (Adestrador). Abaixo Mario, Ionatan, Rubén, Brian e Daniel.

o blog da EF Lalín

Estamos en probas para concorrer á Asemblea inicial da tempada 2007-2008.
Nesta páxina procuraremos dar canta información sexa necesaria para os membros da EFL (equipos, xogadores, adestradores, calendario con horario de partidos, etc) e para os que se queiran incorporar a ela ou buscan saber algo de nós (por exemplo os medios de comunicación e os demais equipos).
Iremos paseniño, como corresponde a quen empeza de novo e para procurar facelo o mellor posíbel. A finalidade non é outra que dar un servizo máis a toda esta familia futboleira da comarca.
Loxicamente, hai que ter conexión a Internet para entrar neste blog.