28/5/09

TORNEO DO GALO CUP


Xa temos enfrontamentos para este sábado pola tarde no torneo cruceño. O equipo A dirixido por Toño enfrontarase co campéon do grupo D, o Unión de Rianxo, que pasou de primeiro de grupo despois dun triple empate a 3 puntos co Cruces B e o San Mamede. E o Equipo B adestrado por Sueiro se terá que velas caras cun vello coñecido: Sp. Estrada que pasou de campeón na repesca de segundos. Partidos emocionantes, sobre todo polo escaso tempo que duran os partidos, nos que, se todo sae ben, poderiamos ver unha final EFL A - EFL B. É unha ilusión, pero todos sabemos da dificultade de conseguilo, xa que hai equipos poderosísimos como o Arzúa, cun dianteiro de gran tamaño e boa finalización, o Peña Bodegón Arzúa e, sobre todo, cun gran Cruces con xogadores como Rubén, Joaquín, Gonzalo,...e Cristian na portería.

Animádevos a acompañar aos vosos alevíns neste bonito torneo que se vai celebrar moi preto das nosas casas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Se o fútbol fai xustiza, o campeón debería ser o cruces cunha gran superiridad sobre os seus rivais, debido a que o lalín quixo facer dous equipos competitivos, que ningún dos dous está a altura do cruces. Pero como no fútbol non se sabe, habrá que esperar ao sábado.