31/10/07
Aquel partido, aquel recordo
28/10/07
Clásicos da EFL
19/10/07
Xuvenís: loitando contra os elementos
11/10/07
Os alevíns, a punto
30/9/07
Equipos 2007-2008
Anicados: .
Anicados: Rubén, Martín, Fran, X. Manuel e Oscar
Anicados: Fran, Marcos Díaz, Álvaro, jacobito, Guille e Carlitos
ALEVÍN B: De pé:Martín Sandá, Martín, Xoan, Ionatan, Diego, Xesús e Rafa (adestrador). Anicados: Iago , Leo, Alberto, Marco, Brian, Brais , Martín Dabobe e David.
ALEVÍN A: De pé:Marcos "Motoreta", Adrián, Manu, Dani Areán, Rodrigo, Jorge, X.Ramón e Willy (adestrador). Anicados: Serginho, David, Xabi "a Pulga", Xabi Rei e Dani Gómez.
XUVENIL: Arriba: César(adestrador), Álvaro, Cruces, Tino, García, Víctor, Dani, Xoel, Iván, Mariño e Cesarinho(2º adestrador). Abaixo: Kevin, Mesi, César, Miguel, Vilatuxe, Rubén, Marcos e Adrián.
INFANTIL A: Arriba: Richi(adestrador), Kevin, Michi, Pájaro, Cheroki, Mario, Mouriño, Iván e Recimil. Abaixo: Carlos, Ioni, Juanillo, Marco, Rubén, Guille e Dani.
26/9/07
18/9/07
Canutas, con nós
Deste xeito Canutas, polo de agora, seguirá demostrando o bo xogador que é coa EFL na Liga Galega Cadete, sabendo que hai moitos equipos que o están a observar.
9/9/07
A Liga, a unha semana
Pola tarde tócalle aos xuvenís de César Reboredo co Conxo C. Apesar de ser unha categoría cun potencial moi mermado -máis de 10 xogadores formados na EFL figuran no xuvenil do CD Lalín que adestra Román-, o traballo serio e constante de César sempre provoca unhas espectaculares segundas voltas. Lembremos ademais que "unha falcatruada" federativa no final da tempada pasada privou a este equipo -o máis en forma- de xogar a fase de ascenso.Pendentes de Canutas
Esta é a pregunta do millón. Coa Liga Galega cadete a piques de iniciarse, as noticias de Canutas son que seguirá adestrando co equipo cadete de División de Honra do Celta de Vigo ata o mércores 12. Logo resolverase o seu. De inicio as impresións de Mosquera son boas, polo que se incrementan as dúbidas de se a Escola de Fútbol Lalín poderá ou non contar con Rubén nunha Liga na que o equipo de Xabier Montouto intentará o ascenso. Aínda que tanto adestrador como xogadores son especialistas nesta tarefa, está claro que con Canutas sería máis doado.
3/9/07
"Canutas" pretendido polo RC Celta
O xogador foi solicitado vía fax polo Celta para que a EFL "tenga a bien permitir que su jugador D.RUBÉN VARELA NEIRA, de categoría cadete, pueda realizar una semana de entrenamientos con nuestro equipo Cadete División de honor". A intención é que Canutas adestre con eles e, se así o considera o adestrador Mosquera, ex do CD Lalín,pasar a formar parte do equipo vigués. Aínda que iso, de chegar a producirse, tería que valoralo e decidilo a familia de Rubén.
Canutas, que formou parte das categorías inferiores da EFL desde a súa fundación na tempada 2003-2004, figura nesa poderosa 1ª xeración de campións da EFL, pois foi campión alevín, dobre campión infantil e campión cadete, ademais de contar con tres ascensos de categoría. Desde os inicios destacou polo seu poder físico e mental, pola competitividade e pola intensidade do seu xogo, ademais do seu poderoso desprazamento de balón coa perna dereita. Os postos habituais nos que xoga son lateral dereito e central.
Desde a EFL, ademais de estar moi satisfeitos con esta nova, a "un dos nosos" como é Canutas queremos desexarlle o mellor. ESTAMOS CONTIGO, CANU!
1/9/07
O "poder" do Futbol 7

O luns 3, con Rafa Dacosta e Willy Alonso póñense en marcha os alevíns.
O martes 4, con Sueiro, Pablo Castro e Toño González, farano os benxamíns.
FOTO ARRIBA: Sueiro (ad.), Leo, Alberto, Martín, X.Ramón, David, Dani. Eric, Brais, Branquiño, Cristian, e Edgar.
FOTO ABAIXO: Pablo (ad.),Borja, Leo, Santorum, Avelino, Guille, Xabier e Serxio. Jacobito, Fran, guille Fdez., Nico e Xabi "a pulga".
TOÑO GONZÁLEZ, a fichaxe dos benxamíns
Por fin completouse a quiniela do Equipo Técnico da EFL.
Antonio González Fernández, máis coñecido por TOÑO nos ambientes deportivos lalinenses, acompañará a Sueiro e Pablo no traballo coa categoría benxamín da EFL.
Toño é diplomado en Maxisterio por Educación Física, cursa 3º de INEF en Pontevedra e xoga no C.D. Lalín de 3ª división. Desexámoslle unha rápida adaptación e queremos del a máxima entrega, como merecen os máis cativos da EFL. BENVIDO TOÑO!
26/8/07
Torneo Lalín CUP infantil e cadete
Clasificación Final CADETE:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Pontevedra
3º.-Conxo
4º.-EF Lalín
5º/6º.-Pabellón e Sta. Mariña
Clasificación Final INFANTIL:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Santiago
3º.-Pabellón
4º.-Sta. Mariña
5º.-EF Lalín
6º.-Cidade Santiago
24/8/07
Torneo LALÍN CUP: o Celta "mira" para a EFL
O Torneo, que se celebra o sábado 25 pola tarde e o domingo 26 pola mañá e que conta cun elenco de equipos moi poderosos, convértese así nun bo escaparate para as promesas lalinenses.
TORNEO INFANTIL:
Grupo A: EF Lalín, Santiago e Sta.Mariña.
Grupo B: Celta, Cidade Santiago e Pavillón.
TORNEO CADETE:
Grupo A: EF Lalín, Pontevedra(por baixa do Dínamo de Kiev) e Sta. Mariña.
Grupo B: Celta, Conxo e Pavillón.
22/8/07
Categorías, equipos e adestradores 2007-2008
Despois de intentar conseguir a fichaxe dalgúns adestradores que fixesen posíbel presentar un cadro técnico máis completo (incluso cun especialista en porteiros), os adestradores para a vindeira tempada serán:
César Reboredo seguirá de coordinador e adestrador do equipo xuvenil.
Xabier Montouto fará o mesmo, levando o Cadete A, e Toño García terá a seu cargo o cadete B.
En infantís: Richi Vázquez será coordinador da categoría e adestrador do equipo A, e Xabier Quiroga pasa a ocuparse do Infantil B.
Rafa Dacosta incorpórase á categoría Alevín como coordinador, onde segue Willy Alonso como adestrador.
Xabier Sueiro prosegue de coordinador e adestrador de Benxamíns, con Pablo Castro como adestrador. A fichaxe sorpresa para esta categoría é TOÑO GONZÁLEZ, que compatibilizará o seu traballo na EFL co de xogador do CD Lalín.
19/8/07
Haberá 2º equipo CADETE 2007-08!
A Directiva e o Equipo Técnico da EFL, a pesar das dificultades previstas por só ter 25 xogadores confirmados na categoría, decidiu NON DAR DE BAIXA o 2º equipo cadete para a tempada 2007-2008. Así pois haberá CADETE A en Liga Galega e CADETE B en 1ª autonómica.
En tal decisión pesou máis o beneficio que para os actuais xogadores cadetes, e para os que o vindeiro ano o serán, representa o ter 2º equipo en competición, que a reducida plantilla ou as debilidades dun equipo que ascendeu a 1ª na tempada anterior. Coa axuda dos infantís e algún que outro desdobre de cadetes, ademais dos que aínda poidan anotarse, contamos saír adiante.
8/8/07
Convenio co RC Celta de Vigo
Despois da decisión tomada pola Asemblea no final de Tempada, na que se debateu e rexeitou a proposta celtista, a EFL redactou un acordo con novos termos. Fundamentalmente a nova proposta de Convenio que se lle fixo chegar ao Celta implica manter sempre a independencia económica e deportiva da EFL.
Dado o cambio de dirixentes no seo do RC Celta, houbo que agardar un tempo para que a estudasen e en Agosto reiniciáronse os contactos entre as dúas entidades.
O borrador do novo Convenio está a ser debatido e depurado polas dúas Directivas. De inicio hai vontade de chegar a un acordo e asinalo en Setembro.
1/8/07
Tempada 2007-2008
Categoría BENXAMÍN: martes 4 de Setembro, ás 18.00 horas
Categoría ALEVÍN: luns 3 de Setembro, ás 17.00 horas
Categoría INFANTIL: luns 20 Agosto, ás 17.00 horas
Empezaron o luns 6 Agosto. 3-4 sesións semanais
horario: de 19.00 a 21.00
Empezaron o luns 30 Xullo.
4 sesións semanais: luns, martes, xoves e venres.
horario: de 18.30 a 20.30
19/6/07
Empresas colaboradoras da EFL
A Barra bar- A Casa de Antón - A Piñata
Bar Currás - Bar do Pepe - Bernabé
Bisel - Blanco y Oro - Bouzada Panadería
Brighe´s School Caixagalicia Caixanova
Calzados Alca - Campos y Trabazo - Cemig
Cesarte - Clan - Decopin
Deza Publicidade - Dielectro - Disiclín
Disom - Embutidos J.Antonio e Nilo - Embutidos Lalinenses
Eroski - Estudio Deza-Sete - Excavacións Vilariño
Ferga - Fervi E.S. - Florentino
Framiñán construcións - Frutas Jorge - Gadepu
Gadisa - Gagotrans - Galuper
García y Montoto - Géneros de punto Iván - Géneros de punto Montoto
Gerlo - Guerral - Herfersum
Hnos. Pol - Hotel Palacio - Iberiaglass
Inasus - Inmebo - Javier Fdez (Mapfre)
Kubos cafetería - La Marina Golosinas - Lalín Frut
Majema - Meixide - Motor Lalín
Nevada cafetería - Nucamsa - P.S. Inox
Panadería Nercellas - Paz Aguiar promotora - Pescados Abel
Pizzería Venecia - Portadeza - Proquideza
Restaurante A Diligencia - Ricardo Vázquez - Serviauto
Silva e González - Sumifer - Taboada bar
Taboada e Ramos - Talleres Recimil - Teglass
Transportes A Balouta - Vegonsa - Vivafer
6/6/07
Partidos e Resultados
DATA - HORA - CAMPO: PARTIDO (RESULTADO): CATEGORÍA
(para clasificación 07-08: consultar LIGAZÓNS: Resultados e Clasificacións Correo)
DA TEMPADA 2006-2007:
- sáb-9-xuño-07, 18.00, Sta.Isabel (Santiago):EF LALÍN-ALERTA TRAVIESAS (0-0):Cadete A: Final Fase Ascenso a Liga Galega: Non puido ser, atravesáronsenos os penaltis! Así a todo, bo partido, magnífica Fase e parabens polo ascenso! Para quitarse o sombreiro! Para a EFL sodes os campións.
Os Cadetes da final:Arriba: Toni, Canutas, Carlos, Mariño, Kevin, Xoel, Alex, Luís e Montouto(ad.). Abaixo: Antón, Rubén, Iker, César, Miguel, Adrián, Brian e Vilatuxe.
- sáb-9-xuño-2007, os Benxamíns: Campión e subcampión de Liga, Nada menos! Parabens. E os do C dando guerra en todos os campos. Resultados da derradeira xornada 2006-2007: Callobre EF Lalín A (2-5 ), Silleda- EF Lalín B (1-3 ), EF Lalín C- SP Estrada (2-7 ) Realmente non hai quen poida cos peques! E ollo: seguen medrando!
- dom-10-xuño-07, 12.30, Sta. Isabel(Santiago): BODEGÓN ARZÚA-EF LALÍN (2-0 ):Cadete B: Fase Ascenso a 1ª. Derrota, pero ascenso ao quedar segundos da liguiña. Noraboa! Xa temos un cadete que ocupará o lugar que deixou o A. Agora, a buscar xogadores para que non desapareza o B.
- dom-10-xuño-07, 12.30, Abegondo (Coruña): DEPORTIVO-EF LALÍN (1-0 ):Alevín:Volta Semifinal Campións Liga F-7: Caer na semifinal Galega e co Depor pedindo a hora non parece normal. Pois foi así. Impresionante Fase de Campións, chavalotes!
Os Alevíns da Semifinal Galega de Campións de Liga: Arriba: Quiroga (adestr.), Currás, Iago I, Xabi, Serxio, Adrián, Álvaro, Willy(adestr.) e Mario(Infantil que apoiou). Abaixo: Dani, Juanillo, Marco, Michi, Kevin, César e Guille.
- sáb-16-xuño-07, campo Lalín: Torneo Lalín CUP fútbol 7:
CLASIFICACIÓN FINAL:
Categoría Benxamín: 1º CD LUGO, 2º Sta.Mariña, 3º EF Lalín A, 4º EF Lalín B, 5º Pontevedra, 6º CD Ourense.
Categoría Alevín: 1º EF LALÍN B, 2º CD Ourense, 3º Sta. Mariña, 4º Pontevedra, 5º EF Lalín A, 6º CD Lugo.
Bo ambiente, escenario ideal, grandes equipos e magníficos partidos. As escuadras da EFL competiron a alto nivel.
Os Benxamíns de 2º ano estiveron a piques de meterse na final, pero un despiste nun corner levounos á consolación onde tiveron un óso duro de roer, os seus compañeiros de 1º ano, que venderon cara a súa derrota por un axustado 2-1, rematando 3º e 4º no torneo. Pola súa banda o primeiro equipo alevín amosou o seu poder goleando ao Pontevedra e ao Lugo e, despois dunha disputada final que rematou con 0-0, impúxose ao CD Ourense na tanda de penaltis por 3-2. O 2º equipo rematou 5º despois de vencer 1-0 ao Lugo nun partido moi serio.






