27/8/09

Fotos de equipo

Estas son as primeiras fotos de equipo da PRETEMPADA 2009-10. Tiradas o mércores 26 de agosto no dobre enfrontamento coa SD Chantada:
XUVENIL 1ª autonómica: Diego, Currás, Adrián, Manuel (perdón por non poñerte onte, graciñas por avisar), Diogo, Mouriño, Alvarellos, Pacheco, Xosé Manuel, Marcos, Javi e Toño (adestrador); Brei, Pablo, Dani, Roi, Adrián, Novoa e Óscar.

CADETE Liga Galega: Willi (adestrador), Reci, Pájaro, Iván, Luís, Novegil, Miguel, Boyan e Mario; Guille (o fillo do adestrador), Rubén, Dani, Adrián, César, Marco, Juanillo, Edu, Adrián e Brais.

26/8/09

NOVAS DO FÚTBOL 7


Atención rapaces. Acabouse o descanso.

Xa temos os horarios de comezo dos adestramentos nas categorías de fútbol 7 da nosa Escola.

Alevíns: martes 1 de setembro ás 16.30 no campo de fútbol para empezar o adestramento as 17.00. Lémbradevos de traer unha botella co voso nome para poder beber.

Benxamíns: xoves 3 de setembro, ás 17.00-17.15 para comezar ás 17.30 o adestramento.


Ánimo e a traballar, que hai que seguir aprendendo

25/8/09

horarios de adestramento para a tempada

Para poder ir planificando outras actividades, estes son os
HORARIOS DE ADESTRAMENTOS
na TEMPADA 2009-10
no fútbol 11 (rexerán a partir do 1 de Setembro)

CATEGORÍA INFANTIL:
Luns: de 18.15 a 20.00
Martes: de 19.00 a 20.45
Xoves de 19.15 a 21.00

adestrador INFANTIL A: Rafa Dacosta (986 58 11 32 e 680 173 005),
adestrador INFANTIL B: César Reboredo (986 78 18 83 e 657 856 243);
CATEGORÍA CADETE:
Martes: de 18.00 a 19.45
Xoves: de 17.45 a 19.30
Venres: de 18.15 a 20.00

adestrador: Willi Alonso (986 58 08 54 e 627 566 644)

CATEGORÍA XUVENIL:
Luns: de 20.00 a 21.30
Mércores: de 19.00 a 21.00
Venres: de 17.00 a 19.00
adestrador Toño García (649 727 959)
(Recordade que é hora de incio e finalización da sesión, despois queda a ducha)

20/8/09

AMIGABLES fútbol 11

Estes son as datas e horarios dalgúns partidos de pretempada:
XOVES 20:
17.30: Infantil EFL A-PONTE OURENSE: 2-2 (Adrián 2)
SÁBADO 22:
12.00: Cadete EFL-CONXO A: 0-2
17.30: Infantil EFL A-CONXO A: 2-2 (Rubén e Adrián)
19.00: Infantil EFL B-CRUCES: 1-2 (Marcos Glez.)
MARTES 25:
18.30: Cadete EFL-PONTE OURENSE: 0-2
MÉRCORES 26:
17.00: Cadete EFL-CHANTADA: 3-0
18.30: Xuvenil EFL-CHANTADA B: 7-0
XOVES 27:
18.30: Xuvenil EFL-CONXO: 1-0 (Brei)
SÁBADO 29:
10.30: CHANTADA-Infantil EFL A: 0-9 ??
10.30: Infantil EFL B-BARBADÁS B: 1-3 (Javi Cacheda)
12.00: Xuvenil EFL-BARBADÁS: 1-0 (Manuel)
17.00: Cadete EFL-CD LUGO: 0-0
LUNS 31:
19.30: MONTERROSO - Xuvenil EFL (suspendido)
MERCORES 2 SETEMBRO:
17.00: CHANTADA-Cadete EFL
18.30: CHANTADA-Xuvenil EFL
SÁBADO 5:
10.30:PAVILLÓN A-Cadete EFL : 1-1 (Recimil)
11.00: SILLEDA-Infantil B: 5-2 (Marcos Glez., Javi Cacheda)
12.00: PAVILLÓN A-Infantil EFL A: 2-1 (Adrián)
MARTES 8:
18.30: Cadete EFL-MONTERROSO

INICIO DOS ADESTRAMENTOS EN FÚTBOL 7

ALEVÍNS: Martes 1 setembro
BENXAMÍNS: Xoves 3 setembro
A próxima semana informarémosvos dos horarios de adestramentos, así como do equipo técnico da EF Lalín nas categorías de fútbol-7.
¡Xa queda menos!

19/8/09

NON ao 2º equipo Cadete

A Delegación de Fútbol de Santiago, na súa reunión do martes 18 cos clubs para fixar datas de inicio das ligas e horarios do fútbol 11, rexeitou a petición da Escola de Fútbol Lalín para inscribir un 2º equipo de cadetes.
Aínda que se retiraron 4 equipos e un dos grupos quedou constituído por soamente 8 equipos(o outro por 12), por moito que outros anos se tivesen admitido equipos fóra de prazo e, incluso, o Sporting Estrada pediu estar no grupo 7º coa EFL, o Delegado, escaldado polas últimas denuncias e fallos na contra do Comité de Disciplina Deportiva (que mesmo provoca que haxa que xogar unha fase para ver quen ascende ao grupo 7ª de 1ª xuvenil, no que está a EFL), optou por obrar estritamente dentro da legalidade evitando cambios de grupo e non admitindo novas incorporacións. Isto no fútbol 11.

Así pois: NON HABERÁ 2º EQUIPO CADETE da EFL na tempada 2009-10.

Mala noticia para os xogadores cos que se falou e que manifestaron a súa disposición a inscribirse na EFL se había 2º equipo, Michi, Faílde, Roni, Camilo, Novegil ou Jorge Meixide. Tamén para o excedente de infantís que poderían ir convocados na categoría superior.

EQUIPO XUVENIL (1ª autonómica, grupo 7º):
Data de inicio da Liga: sábado 12 de setembro.
1º partido de Liga: XUVENTUDE DE OROSO - EF LALÍN

O sorprendente é que, debido ás denuncias e resolucións dos Comités Deportivos, aínda está por constituír o grupo, pois Atl. Ribeira e Puebla xogarán antes desa data de inicio unha fase de ascenso. Ademais, retirouse o Atl. Melide da competición (Calo B no seu lugar).

14/8/09

Pretempada fútbol 11

Segue adiante a pretempada 2009-10 de fútbol 11.

IMPORTANTE:
Certificados Médicos: como sabedes, a Delegación habilitou un médico de Santiago para extender eses certificados. Pero soamente para aqueles aos que os seus médicos se negaron a facérllelos. Se estás nese caso: avisa á coordinación deportiva (tfno.: 629 80 56 08 ou 986 78 43 40) antes das 12 da mañá do luns 17.
Documentación: Pola problemática dos certificados o prazo para traer a documentación alongase ata o xoves 20 de Agosto. Pero OLLO: Quen non traia todo antes desa data inicialmente non terá ficha nin seguro, polo tanto non poderá xogar nin os amigábeis.
As novidades por categoría son:
EQUIPO XUVENIL:
-Toño segue traballando duro co grupo.
-Bo ambiente e nutrida asistencia.
-Faltan por incorporar Xosé Manuel, Mouriño, Xoan e Brei (de vacacións, aínda).
-O martes 18 saberase con certeza o día de inicio da Liga e o noso primeiro rival.
EQUIPO CADETE:
-Ata o martes 18 non haberá solución a o 2º equipo solicitado. De concedelo, a EFL agarda seriedade e compromiso dos xogadores implicados.
-Chama á atención o baixo nivel de asistencia aos adestramentos (onte, 14 de 23 anotados). Que pasa, cadetes? Trátase da Liga Galega, hai que facer un esforzo por parte de todos.
-Lucas é baixa: regresa coa súa familia a Brasil.
-Os que van ao campamento: deixar entregada a documentación.
EQUIPOS INFANTÍS:
-Primeiros amigábeis hoxe venres, con todos convocados:
Infantil A (Rafa): ás 18.00 en Barbadás contra o titular de Liga Galega.
Infantil B (César): ás 16.30 en Lalín contra o Chantada Infantil.
-Notable asistencia aos adestramentos.
-Bo ambiente. Calor inhumano ás 17.00.
Brais, un dos reforzos da EFL para o equipo Infantil, incorporouse esta semana aos adestramentos. Procede da SD Cruces e debutará hoxe no amigábel de Liga Galega ante o Barbadás

13/8/09

Calendario Liga Galega

Xa saíron os Calendarios das Ligas Galegas. Tantos os cadetes como os infantís xa teñen rivais para inciar as súas ligas.
Os 4 primeiros partidos son os seguintes:
LIGA GALEGA INFANTIL:
xornada 1 (12-09-2009): La Salle CF - EF Lalín
xornada 2 (19-09-2009): EF Lalín - Ural
xornada 3 (26-09-2009): EF Lalín -Galicia Caranza
xornada 4 (03-10-2009): CD Lugo - EF Lalín
Iinformación completa no seguinte enlace:
LIGA GALEGA CADETE:
xornada 1 (12-09-2009): Orillamar SD - EF Lalín
xornada 2 (19-09-2009): EF Lalín - Xuventu Aguiño
xornada 3 (26-09-2009): Sp.Estrada - EF Lalín
xornada 4 (03-10-2009): EF Lalín - Portuarios
Información completa en:
(NOTA: a foto corresponde ao adestramento do equipo xuvenil)

8/8/09

IMPORTANTE DECISIÓN

A Directiva da Escola de Fútbol Lalín, a proposta dos membros da Coordinación Deportiva, acaba de tomar una importante decisión: solicitar da Delegación de Santiago que permita inscribir un segundo equipo cadete para a tempada 2009-10.
Aínda que a petición está fóra de prazo e supoñería un considerábel incremento nos gastos da EFL para a vindeira tempada (máis busca de recursos por parte dos xestores) e máis complicación na organización deportiva da Escola, postos en contacto co Delegado de Fútbol, seica hai alguna posibilidade de que os Clubes acepten incluír outro equipo cos grupos xa feitos.
E cales son as causas que provocaron esta decisión?
Unha soa: o exceso de xogadores e a problemática que xeraría deixar sen convocar moitos cadetes (temos 1 equipo e, polo de agora, 24 anotados) e moitos infantís, que poden botar una mao na categoría superior (temos 2 equipos, 45 anotados).

Non ir convocado significa non xogar. E que é o que quere un rapaz cando se anota nun deporte? Adestrar si, pero tamén competir nas fins de semana. Se non xoga nunca é cando se farta e acaba abandonando. De aí esta solicitude, previa consulta con varios xogadores cadetes que non se inscribiron e que, de ter un 2º equipo, tamén volverían á Escola. Ademais, mirando para as tempadas vindeiras, a necesidade dun segundo equipo en cada categoría (agás na xuvenil, na que algúns xa van para o CD Lalín) é moi importante para manter o nivel e a afección a este deporte.
En fin, polo de agora non hai nada concretado e cando teñamos resposta da Delegación, positiva ou negativa, farémola saber, pero desde logo hai que aplaudir a valente medida tomada pola Directiva, que tivo en conta o estritamente deportivo (beneficio para os nosos xogadores) e non se deixou asustar polas moitas dificultades económicas e organizativas que trae consigo o contar con outro equipo cadete.
NOTA PARA O FÚTBOL 7 (alevíns e benxamíns desexosos de dar balonazos e sanamente envexosos dos maiores): en breves días saberedes as datas de inicio dos adestramentos. Tede un chisco de paciencia, pois hai que concretar moitos asuntos. Como plan xeral: na semana de finais de agosto-principio de setembro.

7/8/09

Universo INFANTIL

Chegou O DÍA DOS INFANTÍS e, como estaba previsto, foi unha auténtica marea deles. Estreábanse os dous adestradores, Rafa Dacosta, que regresaba á Escola, e César Reboredo, ao que tampouco se lle facía novo despois de varias pretempadas colaborando. Programaron un adestramento con balón para empezar a coñecer as calidades dos xogadores. Saíron moi satisfeitos do que captaron.
César Reboredo, atento aos seus novos pupilos.
Rafa Dacosta controlando as evolucións dos infantís.

E dos XOGADORES, que podemos dicir? Moitas ganas e varias caras novas para compor un número final de 36, aínda que os apuntados son dez máis, ou sexa, 46. Queda un duro traballo por diante e a ilusión de que se formen e compitan, ademais de facer amigos.
Estes son os que se achegaron ao campo o día da presentación:
Os de 1º ano que xa estaban na EFL : Gonzalo, Guille, Dani Gómez, Ionatan; Caxide, Xabi Rei, Martín Dabobe, Serxio; Xabi Barreiro, Xosé Ramón, Iván, Cristian; Leo, Dani Jacobo, Iago e Martín Sandá.

Os novos ou que viñeron ao final da tempada pasada: Marcos González, Juan José, Brais, Marcos Areán, Rubén García e Rubén.
Como vemos moitos Marcos e Rubén vai haber nos equipos infantís da EFL.
Os de 2º ano: Ionatan, Adrián, Marcos Galego, Xavi Cacheda, Santi, Manu, Rodrigo, Areán, Víctor, Isidro, Edu, Aitor, Jorge Vilas, Serginho e Martín.
Como vemos nas fotos puxéronlle moita ansia o primeiro día.
Querían facerse xa cun posto no equipo ou era que botaban de menos o fútbol?

5/8/09

E agora, OS XUVENÍS

Puntuais, como estaba previsto, chegaron os xuvenís ao seu primeiro adestramento.
Con Toño estaban:
Diego, Dani, Alvarellos, Adrián, Pacheco, Pablo, Novoa, Javi, Currás, David, Diogo, Manuel, Roi, Marcos e Alló.
Se a Liga empeza o 13 de Setembro, teñen un mes para poñerse a tono.
Será esta tempada a da Fase de Ascenso xuvenil? Admítense apostas.

3/8/09

Os cadetes de Liga Galega

Primeiro adestramento do equipo cadete de Liga Galega con Willi.
Foron 16 elementos os que, con algunhas ausencias sen xustificar, evolucionaron polo campo de herba artificial. En palabras de Sueiro, veñen en moi boas condicións.
Currás, Iago, Brais, Dani e Mario: Recimil, Cheroki, Boyan, Miguel e Rubén; Pájaro, Iván, Edu; Marco, Juanillo e Michi.
Tanto os do collage como os que non apareceron terán que poñerse en serio vindo adestrar con constancia e demostrándonos a todos que o elevado nivel que amosaron na pasada tempada, tanto en cadetes como en infantís, non foi casualidade.

Novo adestrador de porteiros

A preocupación da Escola polo traballo espécífico de portería ven de moi atrás. Hai tempadas nas que non foi posíbel, pero sempre houbo intención e intentos por contar cun especialista que, ademais, fose porteiro. Se na tempada pasada tivemos a Iván Parada, nesta non nos imos quedar atrás. A noticia é que a Escola ven de contratar a Xabier López Cortina como adestrador de porteiros para a tempada 2009-10. Outro Xabier. Outro que engadir á longa lista de membros da Escola de Fútbol Lalín con ese nome. Nacido en Oural, procedente de Sarria, onde adestra na categorías inferiores de fútbol, Xabier Cortina é, ao tempo, o porteiro do 1º equipo do CD Lalín. Hoxe empezou o seu traballo cos porteiros da EFL.
Dámoslle a benvida e desexámoslle o mellor nesta tempada.

2/8/09

empezamos!!!!!

Lembrade, esta é a semana agardada
adestramentos da ESCOLA DE FÚTBOL LALÍN
POR FIN!!!!!!
LUNS 3: cadetes
martes 4: XUVENÍS
XOVES 6: infantís

ás 17.30 por alí
ás 18.00 VESTIDOS
(con tenis, botas, se aínda che serven, e botella propia)
para cargar as baterías!!!!
a suar a camiseta!!!!!!!

31/7/09

César Reboredo, fillo, adestrador do Infantil B

A principal incógnita que quedaba por resolver no fútbol 11 da Escola xa ten solución. Hai adestrador para o equipo infantil B de fútbol 11. Trátase de César Reboredo Valdés, fillo de César, ex-presidente, fundador e adestrador na EFL desde a súa creación. César, que xa colaborou durante varias pretempadas coa Escola (ver foto inferior, pai e fillo cunha das plantillas de xuvenís de hai anos) regresa de completar os seus estudos de fisioterapia en Valencia e representa unha valiosísima incorporación para o deporte de toda a comarca. Aínda que a Escola levaba tempo intentado contar cos seus servizos, pois todos sabemos da súa valía e da seriedade que aplica no seu traballo, nunca fora posíbel concretar esta fichaxe. Por iso estivemos agardando ata a última hora, xusto cando dan comenzo os adestramentos (lembramos, xoves 6 ás 18.00 vestidos, con tenis e botella). César Reboredo acompañará a Rafa Dacosta na categoría infantil.
Desde a EFL dámoslle a benvida e desexámoslle o mellor.

30/7/09

As novidades dos xogadores

GUILLE (infantil): despois da súa espectacular tempada en alevíns, estabamos sorprendidos de que Guille non fixese a preinscrición na EFL para xogar en infantís. Foi un malentendido, pois si que a fixera, pero non atopamos o papel da reserva. Así, despois dunha conversa de Sueiro co pai, Guille está anotado para a tempada 2009-10 na que seguramente compatibilizará rugby e fútbol. Pedímoslle disculpas polo erro e dámoslle a benvida a un camarada que nunca nos abandonou.
DAVID "FLOR" (xuvenil): parece que David vai ter problemas para seguir xogando ao fútbol. Postos en contacto con el para convocalo á pretempada, indicounos que terá que deixalo por matricularse en "adultos", que ten un horario de clase que coincide cos adestramentos. Mala sorte para el e para a EFL. Moralexa para todos: estuda o que debes e non terás problemas para o que che gusta.
ULTIMA HORA: Toño, o adestrador, insistiu en contar con David. Púxose en contacto con el e ofreceulle, incluso, realizar adestramentos fóra do seu horario. David ten case decidido volver cos seus compañeiros. Magnífica noticia.
XOSÉ RAMÓN (xuvenil): despois do que falamos con el, o de Silleda decidiu aceptar a proposta do CD Lalín e, aínda sen recuperar de todo, empezou a adestrar con Román.

Por certo que o CD Lalín está a cumprir estritamente o acordado coa EFL: ningún dos xogadores preinscritos na EFL adestra co CD Lalín xuvenil. Xosé Ramón e Iker xa non se anotaran, aínda que figuraban na lista dos que lles interesaban, e dos outros solicitados, Xoel e Mouriño, só o primeiro aceptou a proposta. En canto aos que non se inscribiron na EFL nin figuraban nesa lista de necesarios para o CD Lalín, está claro que son libres de facer o que crean oportuno e non deberan recibir nin a primeira crítica por parte dos nosos seareiros. A EFL, por suposto, nunca poñerá ningunha pega ás súas decisións e terá para os nosos ex-xogadores a máxima consideración. A ninguén se lle oculta, ademais, que o equipo xuvenil do CD Lalín é a saída lóxica dos nosos deportistas.

Renuncia a División de Honra

Esta foto é a do CD Lugo, o campión da pasada Liga Galega Cadete, grupo 1. E a que ven poñela aquí? Pois porque eles acadaron o ascenso á División de Honra Cadete e nós poderiamos estar competindo con eles na tempada 2009-10. Como? Pois porque á Escola de Fútbol Lalín ofrecéuselle na mañá deste pasado sábado o ascenso administrativo por renuncias de equipos a estar nesa liga. A chamada colleu desprevenido ao Secretario, Dani Gavieiro, que inmediatamente se puxo en contacto coa Coordinación Deportiva, cos adestradores e co Presidente para tratar de dar, en dúas horas, unha contestación.
A resposta, unha vez analizados pros e contras tivo en conta o deportivo, en función do equipo que teremos (case todos de 1º ano, pois os da foto xa son na súa maioría xuvenís), a viabilidade económica e tamén o apartado organizativo. Todos estaban de acordo en que non era o momento oportuno para dar ese salto. Somos unha Escola de Fútbol na que prima a formación e non un Club que pretende estar no cumio das divisións sen ter en conta outras consideracións.
A resposta, pois, foi NON AO ASCENSO ADMINISTRATIVO á DIVISIÓN DE HONRA CADETE. O seguinte equipo ao que se lle ofertou foi o Bergantiños. Estes, ao parecer, aceptaron.

29/7/09

botes e botellas contra a gripe A

A Coordinación deportiva da Escola de Fútbol Lalín, ante o inicio dos adestramentos na 1ª semana de agosto e sen ánimo de crear alarma, acaba de tomar unha medida preventiva ante a GRIPE A que se fai extensiva a xogadores e adestradores:
Todos os deportistas da EFL deben vir provistos dunha botella, bote ou recipiente individualizado para hidratarse durante as sesións de adestramento.
Estes deben ser reutilizábeis, é dicir, cando se acabe o líquido poderán encherse de novo de auga da traída ou da auga embotellada que merca a EFL. Así, cada deportista terá o seu bote exclusivo e levarao e traerao da casa, sendo responsábel do seu coidado e limpeza. Pode e debería estar personalizado co nome a rotulador, ser o da súa bici ou de calquera marca que lle praza (mira os exemplos da foto). O único que se lle esixe é que se distinga do dos demais.
Finalmente lembrar que quen non o traia non poderá beber do dos outros compañeiros e sempre lle quedará unha billa que seguramente xa usaron moitas outras persoas, pois de inicio (repetimos, como sinxela medida hixiénica preventiva) a EFL non vai poñer a disposición do grupo nin as tradicionais garrafas de 5 litros nin as botellas de 1´5, e moito menos botellas pequenas de usar e tirar que estarían ciscadas a centos polo recinto deportivo.
A EFL só aportará auga para encher os botes individuais.
Por se alguén non le o blog, faille un favor, coméntallo antes de iniciar os adestramentos.

22/7/09

Diego, Xosé Ramón e Javi

Xullo é un mes nos que toca confeccionar os planteis de fútbol 11. Logo virá construír equipos, tarefa de adestradores.
No caso XUVENIL, desde o final da tempada pasada intentamos que se consolide un grupo que recolla boa parte dos xuvenís e dos que pasan de cadetes. Despois dos acordos co CD Lalín (lista de xogadores que interesan a Román, e lista dos nosos inscritos), aínda quedan algúns xogadores cun destino indefinido (Brian, Miguel, Pato, Felipe, etc.). Engadiuse David Currás e decidiu ficar na EFL Diego Mouriño, como informamos. Agora hai que falar de tres puntais que estaban o ano pasado no equipo cadete.
DIEGO: o porteiro de Callobre (que fixera reserva de praza), aínda que tiña unha proposta do Compostela, ven de confirmar que xogará a tempada 2009-10 coa EFL. É o único porteiro xuvenil que temos e a noticia é moi importante para o equipo.
XOSÉ RAMÓN: lesionado de gravidade ao final da tempada anterior e aínda sen recuperar de todo, o de Silleda non fixo reserva de praza na EFL e figura na lista de solicitados polos xuvenís do CD Lalín. Pero ten dúbidas. Desde a Escola queremos o mellor para el (tanto polo seu valor deportivo como polo magnífico comportamento que sempre tivo), e que tome a decisión que crea conveniente. Para iso ofrecémoslle empezar a pretempada cos xuvenis da EFL e realizar un plan de recuperación específico que fortaleza o seu xeonllo. Iso sen ningún compromiso. Logo que el e a súa familia decidan o que consideren oportuno. Agardamos a súa resposta.
JAVI: desde Chapa acaba de confirmar que segue na EFL, o que representa ter unha boa colleita do anterior equipo cadete e asentar un plantel de garantías para a dura liga de 1ª autonómica xuvenil. Benvido tamén.
ULTIMÍSIMA HORA: Xabier Fdez Cabanas, máis coñecido como "Pato", xuvenil procedente dos cadetes e que fixera a reserva de praza, deixa a EFL. Por proximidade á Estrada e outras facilidades, a tempada que ven xogará no Compostela. Desde Lalín desexámoslle o mellor.

21/7/09

Fútbol 11: HORARIOS Inicio PRETEMPADA

Xa temos os horarios para que se presente o fútbol 11.
As DATAS de inicio de PRETEMPADA eran:
CATEGORÍA CADETE: luns 3 de agosto
CATEGORÍA XUVENIL: martes 4 de agosto
CATEGORÍA INFANTIL: xoves 6 de agosto

Os HORARIOS, eses días e para cada categoría:
-ás 17.30 no campo, para aclarar vestiarios, datas de adestramentos...
-ás 18.00 vestidos de faena (preparados para adestrar).
NOTAS:
-Recordamos que para estes primeiros adestramentos é preciso traer zapatillas deportivas ("tenis") e botas de fútbol (se se quere). Nos dous casos, mellor usadas (non merquedes aínda botas), pois nas pretempadas sempre hai problemas coas vinchocas ou bochas (ademais das maniotas).
-Vir dispostos (concienciados), porque as pretempadas de fútbol 11 non son de coña.
-Ao remate dese 1º adestramento, cada xogador deberá recoller a información da súa documentación para tramitar canto antes a ficha e ter así un seguro.