18/11/08

Ante o partido infantil EF Lalín-Nicrariense

Primeira grande final dos infantís.
Día: sábado 22 de novembro
Hora: 11.00 da mañá.
Lugar: campo herba artificial de Lalín.
Enfróntanse os dous únicos equipos invictos da 1º categoría infantil autonómica:
EF Lalín contra Nicrariense
. A priori os máis fortes.
E como ven o partido os nosos infantís? Que mentalidade teñen ante un partido importante? Excesiva relaxación, certa desconcentración. Algúns incluso falaron de repetir o baño na fonte se, como na pasada tempada, son campións (imaxe do pasado como a que insertamos). Miran para o final de liga e aínda só xogamos sete partidos. Seica somos moi superiores. Iso din, ou escoitan.E non será vender a pel antes de cazala? Non se nos iría algo o tarro coas últimas goleadas? Non será mellor pensar semana a semana (apretando en cada adestramento para mellorar) e partido a partido (apretando tamén cada sábado) antes de mirar ao lonxe? Está claro que soñar cos triunfos resulta bonito e barato, pero se temos a cabeza noutro lado non será nada bo. Porque os que queren ser mellores están atentos e non se dormen, nin nos adestramentos nin ante calquera rival. Así que, olliño, rapaces: músculo quente, cerebro frío, e moi concentrados sempre. Senón non iredes a ningures. Lembrade que o ano pasado o Nicrariense gañou en Lalín.

1 comentario:

Anónimo dijo...

pois eu creo k as victorias conseguidas ata o de agora stan moi ben pero hai k seguir loitando pork agora toca un oso duro de roer k e o nicrariense e os outros ekipos claro...
ANIMO INFANTIS A E B
XUNTOS PODEMOS!!!!!!!!!!