22/11/08

Importantes vitorias dos Infantís

San Mamede 0-EF Lalín B 8
Pouco máis sabemos deste partido que o contundente do resultado e os goleadores do equipo que dirixe Toño. Equipo que vai para arriba, como se ven amosando nas últimas semanas. Seguir adestrando aínda que a cousa pareza torcida ten os seus premios. O primeiro endereitar a nave con resultados. O segundo unha mellora no xogo e na competitividade. Os goles de Suso(2), Manu (2), Javi II (2), e Currás e Areán non fixeron máis que poñer no seu sitio a un plantel en franca melloría e ascendendo postos na clasificación. Noraboa.
E F Lalín A 2-Nicrariense 1
Segundo partido de verdade para os do A (o outro na Estrada) e magnífico o comportamento do equipo e dos seus seareiros. Aínda que o resultado non fale do visto no terreo de xogo, pois os de Negreira, que posúen gran potencial defensivo, case non superaron o medio campo e só tiraron unha vez á portería (gol pola escuadra), o certo é que os nosos moveron o balón, desmarcáronse, estiveron intensos, dominaron e crearon infinidade de ocasións (penalti errado incluído). Por iso a 1ª parte foi moi boa en xogo. Pero 1-1. O fútbol por veces é inxusto. Na 2ª proseguiu o agobiante dominio. Pero o balón non quería entrar. Empezaron as présas. Unha expulsión contraria. A pésima actuación arbitral. As faltas. En fin, a salsa que teñen os partidos que son de verdade e dan experiencia aos rapaces. Ata que nunha das moitas ocasións atinou Brais por segunda vez. 2-1 moi curto e celebración final.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

felicidades os 2 ekipazos infantis o B en liña ascendente 2 victorias, 1 empate e derrotas k ahora xa son o de menos xuntos PODEMOS!!!!!!!!!!! e k decir do A 2-1 ante un rival como o nicrariense con brais facendo doblete e segun m contaron vai ir coa seleccion DPTM brais
Un fanatic@ da EFL

Anónimo dijo...

BUENO O XOGO DO A É IMPRESIONANTE
ESTOU QUEDANDO ABRAIADO O MALO É QUE FAILDE E ALGUNS MÁIS MERECENSE MÁIS MINUTOS DE XOGO OS SUPLENTES TAMÉN SERVEN PRA ALGO CANDO SE FAI FALLA QUIROGA PENSA BEN ESTO E TOÑO TAMÉN CONTRA OS MALOS EQUIPOS ABRA QUE DEIXAR XOGAR OS SUPLENTES SENON ABURRIRANSE É XA NON QUERAN IR OS PARTIDOS
PORQUE CANDO EU ERA PEQUENO XOGABA TAMÉN NUN EQUIPO QE NON QUERO PRONUNCIAR É MOITAS VECES QUEDABA NO BANQUILLO É MOITO NON ME GUSTABA PORQUE ESTAR DE QUENTABANQUILOS NON É MOI DIVERTIDO A SI QUE ADESTRADORES
SE QUEREDES UN AVISO:DEIXADELLE XOGAR OS SUPLENTES ELES TAMÉN SE ESFORZAN POLO EQUPO É ALGUNHA VEZ ABRÁ QUE RECOMPENSALOS BUENO UNHA APERTA DUN AFICIONADO QUE SEMPRE ANDA NO BLOG É POR CERTO ESTA MOI BEN CREADO ENORABOA XABIER GALEGO POLO BLOG ETC.UN SAÚDO ASTA OUTRA.

Anónimo dijo...

xogo como xogo non encandila a ninguen, patadon para diante e a correr, asi nos pinta cando cambiamos de liga.

Anónimo dijo...

DANI ERES UNICO...
eres el messi del ekipo