8/1/09
A economía da EFL
Lémbraselles UNHA VEZ MÁIS a todos os xogadores e pais que pagan a cota da E.F.Lalín a prazos que derán aboar SEN MÁIS DEMORA o segundo prazo xa sexa nas contas da E.F. Lalín en Caixanova ou en CaixaGalicia, ou ben na oficina da EFL.
27/12/08
Xa foi: 3-3 entre pais

26/12/08
Partido de pais/nais
o auténtico espectáculo da EFL!
Parece que os pais e nais de futbol 7 (alevíns e benxamíns) xa gañan por goleada e ánimo aos pais e nais de fútbol 11 (infantís, cadetes e e xuvenís). Falamos de anotarse, eh. Vintetantos de fútbol 7, tres ou catro de fútbol 11. Parece mentira. Así a todo, confirmado, haberá partido:
A data: sábado 27 de Decembro
A hora de inicio: 16.30
Para os que non veñan ao campo, aí lles vai unha felicitación da EFL.
Con todo agarimo da grande familia da Escola de Fútbol Lalín
24/12/08
O Apalpador, de novo na EFL por Navidade

E quen é o Apalpador? O Apalpador é un vello xigante galego, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas do noso país. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben mantidos. Logo de desexarlles que no ano vindeiro non pasasen máis fame e vivisen con fartura, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
E chegou o Apalpador a casa de Chus e Elías e alí apalpou as súas barrigas. Xa estaba deixando a presada de castañas cando veu a Franchi durmindo. Apalpoulle a barriga e pensou: "a este home non lle chega cunhas castañas. Vai precisar algo máis para poder medrar".
Na foto podemos ver cal foi o regalo para a familia de Franchi que o Apalpador lles deixou este Nadal.
23/12/08
Adrián debuta na Liga Galega Cadete
Pero realmente Adrián non fixo máis que manifestar a neta superioridade do equipo cadete da EFL en todo o partido, pois por dominio, claras ocasións de gol e creación de xogo colectivo os dezaos foron moi superiores a un equipo que ocupaba os postos altos da táboa. Importante vitoria, pois, que sitúa aos nosos cadetes nos postos de privilexio e con todas as aspiracións intactas para unha segunda volta que se intúe moi competida.
BO NADAL E VENTUROSO ANINOVO
E para iso nada mellor que un brinde por parte dalgúns xogadores da categoría alevín e unha postaliña .
14/12/08
Duro inverno
A propósito disto. Cumpriría que quen ten responsabilidade no tema se puxese en serio e levase a cabo a anunciada tarefa de mellorar un campo que empregan centos de cidadáns de Lalín e que, pouco a pouco, se vai deteriorando ata, se a cousa prosegue, botarse a perder unhas instalacións que tanto dan aos deportistas.
Outra cousa é a neve. Esa si que paraliza, pois os equipos non se desprazan pola perigosidade das estradas e hai que suspender algúns partidos. Pero como tampouco hai mal que non veña ben, se queres facer deporte, este é o momento de perderse polas corredoiras nevadas da comarca, por exemplo en bicicleta de montaña co Club AlamBIKE de cicloturismo (publicidade). E non pasa nada. Ou si, pásalo ben.
8/12/08
OS BENXAMÍNS ¡COMPETINDO! UN ANO MÁIS
6/12/08
Volve o Maior espectáculo da EFL!!!!!
O maior espectáculo da EFL é outro ben diferente e que implica aos que nunca se visten de curto, os que non se mollan (ou se mollan en exceso), aos que animan ou berran ou sofren ou fan de todo un pouco. Esas e eses, si.E todo está decidido. Será como sempre foi, de pais e nais de futbol 7 (alevíns e benxamíns) CONTRA pais e nais de fútbol 11 (infantís, cadetes e e xuvenís). A morte, ou case.
A data: sábado 27 de Decembro
A hora: 16.30
E como apuntarse? Aínda que sexa a rastro, os rapaces deben convencer aos seus proxenitores para que se apunten (ou facelo eles) nas listas que os adestradores poñerán no campo.
En catro semanas podes poñerte (algo) en forma. Ademais, para baixar o atracón de doces navideños tampouco virá mal vestirse de curto. Ou que?
Ánimo, e ter en conta que o posto de titular vai estar moi moi caro!
3/12/08
Chova, neve ou arrefríe
23/11/08
Espectacular derbi alevín
Os afeccionados que se deron cita este domingo no Cortizo puideron comprobar as excelencias da Escola de Fútbol Lalín. Era o derbi. O partido agardado. Alevín A contra B. Os de Willy contra os de Sueiro. E non só non defraudou, senón que as dúas escuadras, os seus xogadores, fixeron gozar ao público dun magnífico e, ante todo, competido encontro.Primeira parte moi seria e programada, dominada polo equipo A, e cun B que non acababa de atoparse no campo, por iso ofreceu algún que outro agasallo en defensa aos "maiores". O gol de Alberto aproveitando un despiste e o zambombazo de Martín desde fóra da área que se colou pola escuadra de Guille puxeron o 2-0 que falaba dunha manifesta superioridade do A nesa 1ª parte.
E cando todo semellaba que a 2ª sería un paseo militar para os de Willy, vai Sueiro e arrisca colocando a un, ata daquela descoñecido, Brais en punta, e a Erik de zapador do medio campo, con Fer facendo estragos pola banda. O partido deu entón unha imprevista viravolta. Dominio abafante do B que maniata ao A con presión en todo o campo contrario. Así, con intensidade, combatendo en cada metro e movendo moi ben o balón, sucédense as ocasións para o B. A defensa colectiva e Xosé Ramón, con magníficas intervencións, van librando como poden da avalancha a un sorprendido líder. Pero tanto vai o cántaro á fonte que ten que rachar. Primeiro sería Brais nunha espectacular xogada persoal, e logo, ante o delirio da parroquia, Fer remataría unha soberbia xogada colectiva. Era o 2-2. Sorpresa no Cortizo ante a superioridade do B nesa segunda parte, que ademais segue arriscando para gañar. Entón vai Willy e remexe no plantel, que se recompón un chisco e volve atacar con certa constancia. Aparece entón, cun elegante recorte dentro da área, Alberto, quen a falta de cinco minutos pon o definitivo 3-2 para o A no marcador. Segundo o escoitado, nunca os líderes sufriron tanto para quedarse cos tres puntos. Será que non hai mellor cuña que a da propia madeira.
En fin, enorme derroche físico, competitividade, abondosas cualidades técnicas e tácticas, e, máis ca nada, deportividade e compañeirismo. Todos os xogadores puxeron o mellor de si. E os choros e as alegrías finais tamén forman parte do espectáculo. Todo é experiencia.
22/11/08
Importantes vitorias dos Infantís
20/11/08
FIN DE SEMANA
XUVENIL: BERTAMIRÁNS C.F.-EF LALÍN: 4-5 (Diogo, Óscar 2, Alvarellos, Roi)
CADETE: DEPORTIVO - EF. LALIN: 3-2 (David e Dani )
INFANTIL A: F LALÍN - NICRARIENSE: 2-1 (Brais 2)
INFANTIL B: SAN MAMED-E.F LALIN: 0-8 (Suso 2, Manu 2, Javi II 2, Areán e Currás)
ALEVÍN A: E.F. LALÍN B -EF LALÍN : 2 - 3 (Brais e Fer// Alberto 2 e Martín)
ALEVÍN B: : ( )
ALEVÍN C: CALLOBRE - E.F. LALIN: 9 - 3 (Dani Cagide 2 e Manu)
BENXAMÍN A: C.F. SILLEDA B -EF LALÍN A : 0- 7 (Alex 2, Borja 2, Alvaro 2, Rubi 1)
BENXAMÍN B: E.F LALIN- S.D. TOURO: 2-2 (Jose Luis 2)
BENXAMÍN C: E.D. VAL DO ULLA- E.F. LALÍN : 4-2 (Gavieiro, Franchi.)
19/11/08
ALEVÍNS COA SELECCIÓN DE SANTIAGO

18/11/08
Ante o partido infantil EF Lalín-Nicrariense
Día: sábado 22 de novembro
Hora: 11.00 da mañá.
Lugar: campo herba artificial de Lalín.
Enfróntanse os dous únicos equipos invictos da 1º categoría infantil autonómica:
EF Lalín contra Nicrariense. A priori os máis fortes.
16/11/08
Importante vitoria na Liga Galega Cadete
De aquí en adiante pelexaremos por todo, ou esa foi a impresión que os seareiros da EFL levaron para o xantar.
Noraboa por volver ao bo rego, cadetes!!!!, que dirían os máis vellos.
11/11/08
Mónica, a nova fichaxe da EFL
-se fose posíbel, isto a nivel individual, convén que toda a roupa que nos quitamos vaia extendida (non envurullada) e sen darlle a volta.
Se todos o facemos así, seguro que lle axudamos ao tempo que axilizamos o seu traballo.
9/11/08
Quen buscaba porteiro?
8/11/08
1ª vitoria do Infantil B !!!!
SORPRESAS NA CONVOCATORIA ALEVÍN

