Na foto, os primeiros que desexan cargar as baterías para a Liga.
31/7/08
Os xuvenís, tamén
Na foto, os primeiros que desexan cargar as baterías para a Liga.
Cadetes, xa
Faltan algúns que seguen de vacacións, e tampouco sabemos se se apuntarán máis. De inicio hai só para un equipo.Por certo, graciñas ao da mensaxe: o porteiro de Callobre chámase Diego, e non David como publicamos.
28/7/08
Presentación dos Cadetes
inicio dos adestramentos do EQUIPO CADETE
Ás 18.00 horas, no campo de herba artificial,
ollo, con zapatillas, que haberá que moverse un chisco!
Están convocados todos os xogadores cadetes anotados na EFL.
23/7/08
Novos coordinadores de Fútbol 7
Os dous xa están entregados ao seu traballo organizativo, que terá a súa continuación en setembro co inicio dos adestramentos.
14/7/08
Datas de inicio dos adestramentos
categoría CADETE: martes 29 de xullo: ás 18.00
categoría XUVENIL: mércores 30 de xullo: ás 19.30
categoría INFANTIL: venres 8 de agosto: ás 18.00
Os xogadores deberán presentarse no campo provistos de zapatillas deportivas e botas de fútbol, e estar vestidos á hora que se indica.
10/7/08
Matriculados tempada 2008-2009 (fútbol 7)
BENXAMÍNS (31): Edgar Jorge, Xose M. Fernández, Jacobo Jorge, Francisco Rodríguez, Alberto Blanco, Francisco García, Alvaro Dieguez, Santi Garrido, Santi Rojas, Facundo Peyret, Jose L. González, Angel Mouriño, Iker Arca, Rubén Nogueira, Guille Fernández, Dani Gavieiro, Óscar Iglesias, Cristian Domínguez, Martín Lamas, Rubén Ferreiro, Rubén Sánchez, Manuel González, Dani Ramos, Jose Machado, Lorenzo J. Taboada, Borja Vázquez, Ignacio Buituron, Xose Rodríguez, Benito Villanueva , Gabriel Fernández, Santiago Rodríguez,
ALEVÍNS (29): Marcos Dieguez, Nicolás López, Alejandro Santorum, Alex Rivas, David Domínguez, Antonio Barros, Alex González, Fernando Agostini, Brais González, Cristian Reza, Santi Buján, Manu Fernández, Dani Fernández, Dani Jacobo, Javier Barreiro, Iago Vázquez, Jonathan González, Javi Rey, Xosé R.Carballude, Marco A. Barcala, Gonzalo Rojas, Cristian Simón, Leonel López, Guille Hernández, Daniel Cagide, Martín Sandá, Serxio Soto, Martín Dabobe e Erik Rajoy.
PARA ANOTARSE no fútbol 7: Teléfonos dos COORDINADORES:
Xabier Sueiro:676 011 473 Ricardo Vázquez:649 763 121
PLANTILLAS DE FUTBOL 11 2008-09
XOGADORES DA PLANTILLA DE XUVENÍS para a tempada 2008-2009 na EFL: 16.- Marcos Rodríguez
17.- Dani González
18.- Xoel Sánchez.
2.-Adrián Nogueira
3.-Alex Reboredo
4.-Rubén Iglesias
5.-Juan J. Recimil
6.-Luís G. Mouriño
7.-Iván López
8.-Alberto Pájaro
9.-David C. Currás
10.-Juán Fdez.
11.-Dani Reboredo
12.-Pablo Zobra
13.-Adrián Novoa
14.-X.Ramón Blanco
15.-Xabier García
16.-Camilo Campos
17.-Boyan Slavov
18.-David Gómez
19.-Rubén Pájaro
20.-Brian Rajoy
21.-Diego Rguez
1.-Suso A. Otero
2.-Santi Daparte
3.-Ionatan Adán
4.-Diego Sánchez
5.-Alex Bouzas
6.-Serxio Ferreira
7.-Adrián Faílde
8.-César Montoto
9.-Marco Galego
10.-Martín Vidal
11.-Alberto González
12.-Iago I. Rodríguez
13.-Iago I. García
14.-Jorge Vilas
15.-Jorge Meijide
16.-Álvaro Pérez
17.-Dani Areán
18.-Brais Pérez
19.-Xavi Carballude
20.-Michi A. Díaz
21.-Xesús Mouriño
22.-Serginho Serantes
23.-Rodrigo Barcala
24.-Marcos Galego
25.-Guille Ulloa
26.-David García
27.-Manu Rego
28.-Edu Diéguez
29.-Alves Fernández
30.-Juanillo Fontao
31.-Adrián I. Moure
32.-Manuel Isidro Perdigón
33.-Manuel Glez Coego
35.- Dani Riádigos
3/7/08
TEMPADA 2008-2009
Como adianto do que será a tempada 2008-2009, no apartado deportivo-organizativo a Escola de fútbol Lalín funcionará do seguinte xeito:
César Reboredo
Xabier Montoto
Richi Vázquez
Xabier Sueiro
e Xabier Quiroga.
A eles se engadirá, como representante da Directiva e Secretario da EFL, Xabier Galego.
-Haberá 3 COORDINADORES DEPORTIVOS:
1 de fútbol 11: Xabier Montoto
2 de fútbol 7 : Xabier Sueiro e Richi Vázquez (1 alevín e outro benxamín; eles decidirán que categoría coordinan)
-Os ADESTRADORES de fútbol 11 da tempada 08-09 serán:
categoría xuvenil: César Reboredo
categoría cadete*: Xabier Montoto
categoría infantil: Toño García e Xabier Quiroga
En próximas datas comunicaranse outras novas (lista de xogadores apuntados, data de inicio dos adestramentos, etc). Estade atentos.
*categoría cadete: agora mesmo temos 24 xogadores anotados, o que fai inviábel un 2º equipo. Para o coordinador de fútbol 11 o número mínimo para saír co 2º equipo é de 30. Se alguén que coñezades o ten pensado, que se apunte XA. A ver se completamos os 30 antes do 10 de agosto, data na que se decidirá dar de baixa, ou non, o 2º equipo cadete da EFL.
26/6/08
Despedida fútbol 7: Puerto de Gijón
Hai que coller vacacións (os adestradores precísanas, por simple desgaste ante tanto cativo estrebillante) despois dun duro e exitoso traballo (lembremos que son os campións das súas respectivas ligas) e para iso nada mellor que o xa tradicional enfrontamento contra os nosos amigos do Puerto de Gijón.12.00: EF Lalín-Puerto de Gijón (alevín, campo 1)
12.00: EF Lalín-Puerto de Gijón (benxamín, campo 2)
Copa do Futuro: 3º clasificado
Parece que si, hai futuro. Tal e como xogan, tal e como o celebran, tal e como o pasan... Con Sueiro á fronte.Patrocinado pola Deputación de Pontevedra, estase a celebrar en toda a provincia o campionato COPA DO FUTURO de fútbol 7 para Pre-benxamíns. A pasada fin de semana o acontecemento foi no campo de Lalín, onde a Escola de Fútbol Lalín se impuxo con total claridade, clasificándose para as fases finais. As fotos correspóndense aos dous equipos que competiron pola EFL.
Este sábado e domingo, 28 e 29, celebráronse en Vigo as finais.16.30: Cruceiro B-EF Lalín: 0-8
17.30: Porriño-EF Lalín: 1-1
19.00: Moañesa-EF Lalín: 1-4
20.00: EF Lalín-Col. Santiago Ap.: 2-0
domingo 29:
4º final: Rápido Bouzas-EF Lalín: 1-1
Semifinal: Cruceiro A- EF Lalín: 2-0
3º-4º posto: EF Lalín-Col. Santiago Ap.: 2-0
Podedes ver a información completa (normas, resultados, fotos, etc) na paxina copadelfuturo.com

19/6/08
Benxamíns campións!!!!
Tarde de fútbol, ambiente e emoción o vivido este xoves no campo de herba artificial. Dous partidos de fútbol 7, tres equipos da Escola de Fútbol Lalín competindo, moita paixón entre os familiares e tradicional baño dos campións e dos seus camaradas na fonte da rotonda de DonRamiro. O día prestábase.
Se o primeiro partido en rematar foi o da vitoria do equipo C de Toño ante o Touro (3-1 final), os minutos que durou o enfrontamento entre os pupilos de Sueiro e os de Pablo (cos seus múltiples manexos de xogadores: ora cativos, ora grandotes), levaron a tensión ás gradas, pois faltaban catro minutos e o equipo B sorprendía con dous goles de vantaxe, o que lle poñía ao equipo A o campionato moi costa arriba. Os dous goles finais fixeron xustiza ao visto no campo e puxeron as cousas no seu sitio: 6-6. De novo, o título queda no peto da EFL.
Noraboa a xogadores, adestradores e pais/nais dunha categoría na que se vive doutro xeito o deporte e no que sempre permanece a ledicia de ver xogar ao fútbol e divertirse aos máis pequenos.11/6/08
Un ano despois...
6/6/08
Adrián, co Villestro e na TVG
O coordinador da categoría alevín, Rafa Dacosta, logo de dar permiso para que o alevín Adrián participe co Villestro (realmente trátase dunha selección de xogadores de Santiago) no Torneo de Futbol 7 Arousa Cup, comunícanos o horario do partido máis agardado:Sábado 7 de xuño, ás 11.50:
R.Madrid-Villestro
Se poñemos esta noticia é porque seica vai ser retransmitido pola TVG. Así pois, se os seareiros da EFL queren seguir ao noso "matador", que este ano gañou dúas ligas (co alevín A e co infantil B), ese é o día e a hora.
4/6/08
Benxamíns: co título de Liga case no bote
Quédanlle algúns partidos de trámite ao equipo A, pero todo parece moi complicado para que a Escola non recunque co campionato. Agora dámoslles a todos os benxamíns a noraboa polos últimos resultados. Cando se teña a pel cazada, falaremos de máis. Serán outros "clásicos"3/6/08
Torneo F-7 Alevín na Estrada
(3ª posición da EFL)
Data: sábado 14 de xuño do 2008
Hora inicio: 16.00 Lugar: A Estrada
Partidos a 25´a tempo corrido.
GRUPO I: SP.ESTRADA A, SILLEDA, TOURO, EF LALÍN
GRUPO II: SP.ESTRADA B, CALLOBRE, CRUCES, CUNTIS
16,30: EF Lalín-Touro: 3-0
17.00: SP.Estrada A- EF Lalín: 2-3
18.30: Silleda- EF Lalín: 4-0
SEMIFINAIS: EF Lalín-Cruces: 0-1
3º e 4º posto: EF Lalín-Callobre: EFL por penaltis
FINAL: SP Estrada-Cruces: SP Estrada por penaltis
1/6/08
FIN DE SEMANA
XUVENIL:
CADETE :
INFANTIL A:
INFANTIL B:
ALEVÍN A e B :
BENXAMÍN A: E.F. Lalín- ED. Val do Ulla: 8-6 (Brais 2, Rivas 2, Franchi, Fernando, Martín e Alex)
BENXAMÍN B: Callobre c.f. - EF Lalin B 1 - 2 (Cristian e Santi)
BENXAMÍN C: E.F.Lalín - Sp. Estrada B : 4-4 (Guille, Dani Ramos, Ángel 2)
Xabier Montoto: Coordinador de Fútbol 11
Tamén cómpre informar que, como nas últimas tempadas, que haxa 2º equipo de cadetes dependerá dos matriculados na Escola, polo de agora non chegan a 30, número que se considerou mínimo para manter os dous equipos. Así pois, quen teña pensado inscribirse, que o faga canto antes, sobre todo nesta categoría (nacidos nos anos 93 e 94).
31/5/08
Torneo POLVORÍN de fútbol base
no novo campo de herba artificial do Polvorín, LUGO,
impresionante, polos equipos que veñen competir, TORNEO DE FÚTBOL BASE da SDC Polvorín no que a Escola de Fútbol Lalín participará con dúas escuadras: unha alevín e outra benxamín.
Como di Sueiro, "os enfrontamentos son chulísimos". E complicados tamén. Vexámolos.

ALEVÍNS: grupo 3: sábado 22 de xuño:
10.00: Celta de Vigo-EF Lalín
16.30: Residencia-EF Lalín
18.30: Lorca Dep.-EF Lalín
21.00: Vilalbés-EF Lalín
Clasifica o 1º de grupo e os 3 mellores segundos dos 5 grupos de 5.
BENXAMÍNS: grupo E: sábado 22 de xuño:
11.00: Ponferradina-EF Lalín
14.00: CD Lugo-EF Lalín
19.00: Santander-EF Lalín
Os partidos na fase inicial son a 2 tempos de 12´.
Podedes ampliar información en www.sdcpolvorin.es/torneofb/
28/5/08
ASEMBLEA DA EF LALÍN
En canto á orde do día, a Directiva e o Corpo Técnico da EFL renderán contas deportivas e económicas da tempada 2007-2008, e trazarán as liñas mestras da vindeira.
Todos aqueles interesados en facer preguntas, ofrecer suxestións, saber o estado da entidade ou mirar cara ao futuro non poden deixar de asistir. A EFL é de todos.



