20/3/08

Torneos Semana Santa

TORNEO BENXAMÍN CIDADE DAS BURGAS.
Xoves 20:
Val Miñor-EF Lalín: 0-4 (Brais 3, Cristian)
Ponte Ourense-EF Lalín: 1-1 (Brais)
4º de final: Conxo- EF Lalín: 2-1 (Brais)
para 5º a 8º: Viveiro-EF Lalín: 2-4 (Brais 2, Erik, Rivas)
A Seca-EF Lalín: 1-0

6º posto final do equipo Benxamín da EF Lalín

TORNEO ALEVÍN AROUSA F-7 (fase previa):
Grupo E: Sta.Mariña B, Conxo, Ordes, Moraña, EF Lalín
xoves 20:
16.00: EF Lalín-CD Ordes: 2-0 (Adrián, Martín)
18.00: Moraña CF-EF Lalín: 0-1 (Manu)
venres 21:
10.00: CD Conxo-EF Lalín: 1-2 (Alberto,Manu)
16.00: Sta. Mariña B-EF Lalín:1-0
Clasificado 1º de grupo.
(8º final): Arnelas A-EF Lalín: 0-2 (Alberto, Manu)
(4º final): Villestro-EF Lalín: 2-0 ELIMINADO
Campión Fase Previa: Villestro
(por penaltis ao Sta. Mariña A)
TORNEO ALEVÍN SANTA MARIÑA F-7 (Cotogrande, Vigo):
sábado 22:

Grupo B: EF Val miñor, Sta.Mariña B, CD Lugo, EF Lalín
11.00: EF Lalín-CD Lugo: 1-0
13.00: UD Sta. Mariña B-EF Lalín: 1-3
16.30: EF Val Miñor-EF Lalín: 2-1
(4º de final): Santa Mariña A-EF Lalín: 6-1 ELIMINADO
Campión: Sta. Mariña A (2-1 ao Depor)
Por moito que dosifiques e varíes os xogadores, hai que estar cansos despois de tres días seguidos de Torneos.

16/3/08

Paso de xigante do Xuvenil

Ante todo un Bertamiráns, o 3º clasificado da 1ª Autonómica do Grupo 7, ese grupo de esforzados e, por veces, problemáticos xuvenís que dirixe César, ven de dar unha enorme sorpresa e sumar a domicilio os 3 puntos que os achega aínda máis a esa case imposíbel (vista así antes do inicio da Liga) salvación. Cun Tino espectacular nos primeiros minutos baixo os paus, dous goles de Mariño, o reforzo do cadete Sánchez e o magnífico comportamento de todos os implicados, o 1-3 final pon ao xuvenil da EFL ao lado do Cruces e a tiro de pedra do mesmo Estradense, que por certo visita Lalín o vindeiro sábado. Nin que dicir ten que, se hai resultados meritorios e importantísimos para a EFL, este é un deles.

Espectacular remontada do Infantil B

Faltaban 18 minutos para rematar o partido. As forzas andaban máis ca xustas pola semana na neve de moitos xogadores e a lousa do marcador falaba de 0-3 a favor do Cruces. Con este resultado o equipo Infantil B da EFL perdía toda opción de seguir meténdolle presión ao Valdulla na loita polo título. Xa non tiñan nada que perder. Había que queimar as naves. Así se fixo. E de que maneira. Ataque á desesperada e a contrareloxo. Pola heroica. E un tras outro foron caendo os goles ante a incredulidade dos afeizoados e xogadores do Cruces, que non daban feito ante a avalancha lalinense. Primeiro foi Boyán, case sen querer, logo un Adrián que estivo en todos os goles, a seguir Serxio engadiuse á festa e, ao cabo, un contrataque de Jorge permitiulle a Boyán poñer o definitivo 4-3. Emoción e alegría final de todo o plantel nun encontro que se recordará moito tempo no Manuel Anxo Cortizo e que permite seguir soñando.
Agora, cando só queda unha xornada, o líder Valdulla ten 26 puntos e visita a un At.Melide en horas baixas. O Infantil B está con 24 e vai a Cacheiras. Pero o empate a puntos favorece á EFL. Facede contas. Só ascende o primeiro.

Sanción aos cadetes A

Por fin saíu a sanción por aliñación indebida contra o Boiro do equipo Cadete A. Multa ao Delegado, multa á EFL e perda do encontro (e polo tanto dos 3 puntos gañados no partido) por 0-3. Lembremos que varios xogadores cadetes (en concreto Brian, Xosé Manuel e Dani) xogaran co equipo B un sábado de febreiro contra o Xuventú de Aguiño B, e logo foron aliñados ese domingo contra o Boiro co Cadete A. Houbo denuncia deste equipo e, xa que non pasaran as 24 horas regulamentarias (foran 23), o comité de competición resolveu aplicando a normativa.Este pequeno "patinazo" non fai outra cousa que poñernos en alerta ante despistes e, á vez, darlle maior emoción a esa dura loita polo ascenso á División de Honra Cadete que manteñen os de Montoto.

15/3/08

Moderar comentarios

Desde que abrimos a posibilidade de facer comentarios no blog da EFL, aínda que de inicio parecía que eran interesantes e ofrecían valiosas observacións para unirnos máis, o certo é que nos últimos días estamos a recibir unha serie de mesaxes de difícil catalogación, que non fan máis que acender rancores persoais e que non podemos consentir. Cremos que a limpa competencia entre compañeiros por demostrarlle aos adestradores as cualidades para xogar nun once ou nun sete inicial é boa, pero se iso dá paso ás inimizades e celos ou á falta de educación e respecto cara ás persoas, entón non imos a ningunha parte. Por iso, de aquí en adiante e porque nos resulta complicado poñer un límite, só imos admitir mensaxes con enderezo electrónico ou asinados. Acabouse o agocharse no anonimato. E de continuar con insultos ou disputas entre membros da mesma categoría ou equipo, prescindiremos totalmente deles. Non se trata de censurar (porque realmente xa non publicamos algúns moi subidos de ton), senón de mirar polo ben da Escola de Fútbol Lalín.
E agora xa podedes opinar sobre isto: É xusta esta medida? Pasástesvos un pouquiño ou non cos comentarios? Que podemos facer para mellorar?

Cadetes B: rematan con nota

Unha a unha irán rematando as competicións nas que a EF Lalín ten equipos. Os primeiros en finalizar foron os cadetes B de Toño. Aínda que haxa quen poida pensar que a súa clasificación non ten mérito, de certo que non valora na súa xusta medida o esforzo dun equipo que, hai que lembralo, está en 1ª categoría autonómica, que no verao estivo a piques de darse de baixa pola escaseza de xogadores e que tiveron que botar man un domingo si e outro tamén de xogadores infantís, non só para completar baquiño, senón como titulares. Por iso, notable moi alto para adestrador e xogadores. Só resta saber con certeza cal será o número de descensos, pois coméntase extraoficialmente que haberá unha reforma de grupos que nos deixaría en 1ª.
Os números do Cadete B foron: 22 partidos xogados (6 gañados, 5 empatados, 11 perdidos), 32 goles a favor, 43 na contra. Sumou 23 puntos e quedou na 9ª posición. David, como vemos na clasificación de goleadores, foi o pichichi con 12 goles.








13/3/08

Adestramentos EFL na Semana Santa

Luns 17:
12.00: Alevíns A-B
12.30: partido Liga F-7: Alevín A-At.Melide: 2-1 (Manu 2)

Tarde: Ollo ao horario:
18.00: Infantil A
18.30: Cadetes A e B
19.30: Xuvenís

Martes 18:

16.00: Cadetes

18.30: Benxamíns
19.30: Xuvenís

Mércores 19:
10.30: Liga F-11: Infantil A-Villestro: 4-1 (Adrián 2, Recimil 2)

12.15: Liga f-7: Benxamín A-Silleda A: 5-4 (Brais 3, Manu, Rivas)
Benxamín B-Silleda B: 15-0 (Gavieiro 3, Erik 2, Cristian 2, Cristian Domínguez 2, Edgar 2, Santi 2, Nico e Rubén)
Xoves 20:
Torneo Benxamín en Ourense (ver outra entrada)
Torneo Alevín en Arousa (ver outra entrada)
Venres 21:

Torneo Alevín en Arousa
(ver outra entrada)
Sábado 22:

Torneo Alevín en Vigo
(ver outra entrada)


8/3/08

Grave lesión de Dani Riádigos

Malas novas para a categoría infantil e a EFL: Daniel Riádigos, o xogador e máximo goleador do Equipo A que dirixe Richi, está enxesado e móvese en muletas debido a unha fisura na rótula. A grave lesión produciuse a fin de semana pasada ao caer da bicicleta. Aínda que non se pode aventurar o período de recuperación (fálase incluso de toda a tempada), o máis probábel é que non poida estar para a fase de ascenso a Liga Galega infantil, para a que os infantís están case clasificados. Como o máis importante é a súa saúde, desde a EFL desexámoslle que o tome con calma e se aplique a recuperarse ben, para volver canto antes co equipo.

7/3/08

Torneo Benxamín en Ourense

Tamén os Benxamíns.
TORNEO CIDADE DAS BURGAS, organizado polo Pavillón de Ourense.
Xoves 20 de marzo, no campo dos Remedios (herba artificial).
GRUPO C: Ponte Ourense, SD Val Miñor, EF Lalín
HORARIOS:
10.00: Val Miñor-EF Lalín
11.00: Ponte Ourense-EF Lalín
(o torneo prosegue ata a final ás 20.00)

5/3/08

Principian os Torneos Alevíns

Coma todas as tempadas chega a salsa dos Torneos de Fútbol 7.
Rompen as hostilidades os alevíns na Semana Santa. Estes son os acontecementos e os datos concretos que nos transmite Rafa Dacosta, o coordinador da categoría:
TORNEO AROUSA F-7 (fase previa):
xoves 20 e venres 21 de marzo

Grupo E: Sta.Mariña B, Conxo, Ordes, Moraña, EF Lalín
xoves 20:
16.00: EF Lalín-CD Ordes
18.00: Moraña CF-EF Lalín
venres 21:
10.00: CD Conxo-EF lalín
16.00: Sta. Mariña B-EF Lalín
(logo proseguirá a tarde cos oitavos, cuartos e semifinal)TORNEO SANTA MARIÑA F-7 (Cotogrande, Vigo):
sábado 22 de marzo

Grupo B: EF Val miñor, Sta.Mariña B, CD Lugo, EF Lalín
11.00: EF Lalín-CD Lugo
13.00: UD Sta. Mariña B-EF Lalín
16.30: EF Val Miñor-EF lalín
(logo proseguirá a tarde cos cuartos, semifinal e final)
Agora toca merecer un posto na convocatoria, que faremos pública cando a decidan os adestradores.

2/3/08

Os alevíns amarran a Liga

Se había un partido decisivo esta fin de semana este era o que resolvía a Liga alevín do Grupo 4 entre o Cruces e o EFL A. Non defraudou ao moito público que se citou no Camballón. Competividade, tensión, ocasións, goles, e fútbol de nivel. Debía haber máis partidos así.
Tras uns comenzos equilibrados, o poderoso Cruces adiantouse da man de Brais, pero sería Adrián quen inmediatamente puxese as cousas no seu sitio, primeiro cun trallazo desde fóra da área que se colou polo ángulo, e a seguir cun remate de cabeza ao saque dun corner. 1-2 ao descanso, as espadas no alto e os estrategas, Fausto polo Cruces e Willy pola EFL, a reestruturar. Na segunda parte Brais adiantou a súa posición, o que favoreceu o espectáculo de ida e volta, con constantes ocasións, a maioría para os lalinenses. Manu puxo o 1-3, pero Brais respondeu axiña cunha xogada individual: 2-3. Logo volvería atinar Manu (2-4) e aí o partido deu a volta claramente para a EFL, que á contra puido golear, pois errou un penalti, dous goles anulados a Xabi "a pulga", dous remates ao pau e moitas ocasións para marcar. A viveza de Serginho pechou o resultado. O 2-5 final cumpre a tradición alevín. NORABOA, rapaces e adestradores! (as fotos son do acontecemento)

Asalto ao liderato

Interesante se está a poñer a liga o Grupo 6 de fútbol 7 benxamín. Este sábado, arroupados polos siareiros da EFL, o equipo A que dirixe Sueiro foi quen de frear ao líder Estrada cun 2-0 e igualar con eles no cumio da clasificación, pero cun partido menos. Así as cousas, co equipo B da EFL que dirixe Pablo descansando, a liga estreitase e todo queda por dilucidar para os próximos enfrontamentos entre eles, aínda que o paso dado polo A, que realizou un partido moi serio, pode marcar a liga.
Os goles de Brais na 1ª parte e de Manu na 2ª foron suficientes para matar un partido moi complicado polo poderío do equipo estradense. Así que este grupete de camaradas que vemos na foto parece poñerse as pilas e xa agarda o derbi coa poderosa escadra do EF Lalín B.

29/2/08

Damián, reforzo para os Xuvenís

Se as finais que lle quedan aos xuvenís se prevén duras, tampouco todo ían ser malas novas para este enfrontamento ante o Carreira. De inicio o equipo de César Reboredo poderá contar con Damián (que abandonou as ringleiras do CD Lalín xuvenil e xa ten a ficha tramitada coa EFL) e con Cruces, ao que non lle chegou a sanción. En canto ao da titularidade na portería parece que o adestrador prefire manter a incógnita, pois Dani estao tomando en serio, Tino anda forte (demostrouno o sábado) e, incluso, o cadete Peña permanece na recámara.

26/2/08

Partidos importantes esta fin de semana

Os Benxamíns A da EFL reciben o sábado ao Sporting Estrada A nun enfrontamento que pode marcar moito unha liga moi igualada. Os pupilos de Sueiro deben amosar unha faciana futbolística un chisco mellor cá dos últimos partidos se queren coller o liderato. Cando menos os siareiros agardan que o mister poña toda a carne no asador, como fai nas grandes ocasións.

Pola súa banda os Alevíns A renden visita ao poderoso Cruces, o 2º clasificado a 3 puntos. Trátase do derbi final que xa vai decidir a liga. Tralo 10-1 da 1ª volta os de Willy non poden confiarse e no Camballón deben xogar tan ben como saben ante un rival que, ollo, só perdeu o partido de Lalín.

Os infantís B de Quiroga, despois de dúas derrotas consecutivas por 2-1, dispoñen o sábado da última oportunidade para engancharse á liga. O poderoso At. Melide, que os avantaxa nun punto, vén disposto a todo, pois o que perda xa o terá moi difícil para seguir a estela do líder Val do Ulla.

Os cadetes B de Toño, aínda coas dúbidas de cantos descenden nesta Liga, disputan un penúltimo partido ante un Artes que xa non os pode alcanzar pero que na súa casa vai resultar un óso duro de roer. Así as cousas, os 3 puntos soan a verdadeira necesidade.



Finalmente, trala victoria ante todo un Nicrariense, os Xuvenís de César xogan un partido a cara de can ante o Carreira, rival directo ao que poden deixar ferido de morte. Se ao final descenden seis, só vale a victoria, pois os demais seguen sumando. A pregunta que nos facemos é: quen xogará porteiro?

20/2/08

Iker, Convocado coa Selección Galega!

Iker Hurtado, o dianteiro centro do equipo Cadete A, máximo goleador da Escola de Fútbol Lalín na súa curta historia e habitual nas convocatorias da Selección de Santiago, ven de ver realizado un dos máis esperados soños: a convocatoria coa Selección Galega.
De inicio trátase dun adestramento (que terá lugar hoxe mércores, 20 de febreiro do 2008, ás 16.00 horas no campo de Calo), pero todos o vemos como outro paso adiante.
É unha magnífica noticia para o xogador, para a súa familia, para a EFL e para todo o deporte dezao. Pola nosa parte só nos queda felicitalo e desexarlle moita sorte.
As fotos da EFL pertencen á tempada inicial (2003-2004) en alevíns, e a actual (2007-2008) en cadetes.

16/2/08

COMENTARIOS no blog

Apertura a comentarios.Ata hoxe tiñamos pechada a posibilidade de escribir comentarios no blog da EFL. Os exemplos do que se ve en Internet eran e son o suficientemente irrespetuosos como para permitilos. Se agora abrimos este espazo é a modo de proba: para que fagades suxestións, comentedes o que vos preocupa, digades o que queredes dicir e fagades que todo mellore, pero sen insultos, evitando a linguaxe soez e vulgar ou as opinións infundadas e irrespetuosas cara a entidades ou persoas. Esa será a única limitación.
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así pois, xa que esta bitacora é cousa de todos, TOCA PARTICIPAR!
Ah, e por favor, MELLOR EN GALEGO

6/2/08

Adestradores EFL 2007-08

FÚTBOL 11:
César Reboredo (Xuvenil)
Xabier Montouto (Cadete A)
Toño García (Cadete B)
Ricardo Vázquez (Infantil A)
Xabier Quiroga (Infantil B)
























FÚTBOL 7:
Willy Alonso (Alevín A)
Rafa Dacosta (Alevín B)
Xabier Sueiro (Benxamín A)
Pablo Castro (Benxamín B)
Toño González (Benxamin C)






Trofeos da tempada 2006-2007

Os tres equipos campións da Escola de Fútbol Lalín das ligas na tempada 2006-2007 recibiron este pasado martes de entroido os correspondentes trofeos. Aínda que o obxectivo da EFL é formativo, a ninguén lle amarga un doce como o de que che recoñezan e premien os méritos. Aproveitando a festa celebrada no Pontiñas, o Xerente do centro comercial e o Presidente da EFL entregaron as copas e complicaron aínda máis a limitada capacidade de almacenaxe de trofeos deportivos da Escola.

Quen máis o celebraron foron os cativiños, aínda que moitos deles xa pertenzan a unha categoría superior.

A nós só nos queda felicitalos e intentar que sigan nesa liña de traballo e bo comportamento.

Festa no Pontiñas

Martes de Entroido: Festa da E.F. Lalín no Pontiñas de Lalín.
Fotos, bo ambiente e entrega de trofeos, para corresponder á colaboración que desde a xerencia do centro comercial teñen acordada coa directiva da Escola de Fútbol Lalín. Sen dúbida foron os máis pequenos os verdadeiros protagonistas. Acudiron en masa, levaron aos pais e formaron a festa coa súa alegría, ademais de conseguir entradas para o cine. E ademais, como debe ser, ían disfrazados.

1/2/08

Iker e Xosé Ramón na Selección de Santiago

Se nunha anterior nova dabamos conta da convocatoria coa selección alevín de Santiago de Adrián, entre os cadetes son fixos Iker e Xosé Ramón. É xusto recordalo. Os tres se desprazaron a semana pasada á cidade das murallas para medirse coa selección de Lugo. O resultado, sendo o de menos, foron dous empates que non contentaron a ninguén.