8/11/08
BAILE DE PORTEIROS NA E.F.L.
7/11/08
COMUNICACIÓN DESDE A COORDINACIÓN DE BENXAMÍNS
-A categoría benxamín funciona como un conxunto non como tres equipos ou tres grupos individuais.
- Os obxectivos, contidos, criterios de organización, metodoloxía... están marcados, en consenso cos adestradores, desde a coordinación.
- O responsable último de todos estos aspectos (incluídos rotacións en convocatorias e rotacións por postos no xogo) é o coordinador.
Por outra parte, queremos agradecer o labor feita polas nais na distribución dos bolsos de deporte. Moitas gracias.
2/11/08
Adrián FAILDE: atrevemento non, valentía
30/10/08
OS XUVENÍS ENFRONTANSE AO SAN MARCOS
16/10/08
A tripleta alevín
"Tres eran tres e ningún era malo".
E iso é bo. Ademais de adestrar ben, competir mellor.
Nas fotos faltan algúns, pero xa sairán.16/9/08
XA ESTAMOS AQUÍ
12/9/08
Equipos e adestradores 2008-2009
XUVENIL: César Reboredo seguirá de coordinador e adestrador deste equipo, sempre moi renovado e con baixas que pasan ao CD Lalín.
CADETE: Xabier Montouto leva o Cadete A. Nesta categoría desaparece o segundo equipo por termos poucos xogadores.
INFANTIL:Xabier Quiroga pasa a ocuparse do Infantil A e Toño García terá a seu cargo o B.
ALEVÍN: Xabier Sueiro prosegue de coordinador, pero agora de Alevíns. Os adestradores que o acompañan son Willy Alonso, que prosegue na categoría, compaxinándoa coa Coordinación deportiva do CD lalín e o cargo de 2º adestrador do 1º equipo, e Toño González, que pasa de benxamíns a alevíns. Como se deduce, hai tres equipos: A, B e C.
BENXAMÍN: A categoría con máis cambios e tres equipos. Richi Vázquez será o seu coordinador. Acompáñano Nando e Manu, os dous xogadores do C.D. Lalín.
10/9/08
Os cadetes inician a Liga gañando fóra:
9/9/08
CHEGA A HORA PARA OS MÁIS CATIVOS
O horario de adestramentos durante este ano será o seguinte:
Luns de 17:15 a 19:00
Xoves de 18:30 a 20:15
Debedes ter en conta que son horarios de inicio e final de adestramento, polo que teredes que estar uns 15 minutos antes para cambiar a roupa.
¡MOITO ÁNIMO A TOD@S!
31/8/08
O Depor, dobre campión da Lalín CUP
A final de cadetes resolveuse a penaltis.Resultados das finais:
CATEGORÍA INFANTIL:
RC Deportivo A Coruña - Santiago CF: 1- 0
Os infantís do Depor celebraron o triunfo.CATEGORÍA CADETE:
RC Deportivo A Coruña - SP Xixón: 1-1
(campión por penaltis, o Depor)
Os cadetes do Depor tiveron que chegar aos penaltis.30/8/08
Lalín Cup 08: resultados e fotos
grupo A
10.30: CD Lugo-EF Lalín : 2-2
11.30: RC Deportivo-CD Lugo : 3-0
12.30: EF Lalín-RC Deportivo : 2-3
campión: RC DEPORTIVO
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense : 1-2
18.30: SP Xixón-CD Conxo : 2-0
19.30: SP Xixón-Ponte Ourense : 1-1
campión: SPORTING XIXÓN
FINAL: DOMINGO 12.00: RC Deportivo- SP Xixón
Sporting Xixón Cadete
CD Conxo Infantil
CD Conxo Cadete
Ponte Ourense Cadete
Ponte Ourense Infantil
Santiago CF Infantil
EF Lalín Cadetecategoría INFANTIL:
grupo A
10.30: CD Lugo-EF Lalín : 1-0
11.30: RC Deportivo-CD Lugo: 1-0
12.30: EF Lalín-RC Deportivo: 0-3
campión: RC DEPORTIVO
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense : 1-2
18.30: Santiago CF-Ponte Ourense : 4-0
19.30: Santiago CF- CD Conxo: 4-0
campión: SANTIAGO CF
FINAL: DOMINGO 10.30: RC Deportivo- Santiago CF
26/8/08
PASO AOS ALEVÍNS

25/8/08
HORARIOS da LALÍN CUP
FASE PREVIA: sábado 30 de agosto:
categoría CADETE (campo de herba artificial):
grupo A
10.30: CD Lugo-EF Lalín
11.30: RC Deportivo-CD Lugo
12.30: EF Lalín-RC Deportivo
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense
18.30: SP Xixón-CD Conxo
19.30: SP Xixón-Ponte Ourense
categoría INFANTIL(campo de herba natural):
grupo A
10.30: CD Lugo-EF Lalín
11.30: RC Deportivo-CD Lugo
12.30: EF Lalín-RC Deportivo
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense
18.30: Santiago CF-Ponte Ourense
19.30: Santiago CF- CD Conxo
FASE FINAL: domingo 31 de agosto:
categoría infantil:
10.30: 1º grupo A-1º grupo B
categoría cadete:
12.00: 1º grupo A-1º grupo B
13.15: entrega de trofeos e clausura do Torneo.
NORMATIVA: os partidos da Fase Previa son a dous tempos de 25 minutos, e descanso de cinco. As Finais son a dous tempos de 30 minutos e descanso de 10. Puntuación: Vitoria: 3 puntos, empate: 1 punto, derrota: 0 puntos. Para desfacer empates, ao remate de todos os encontros lanzaranse penaltis a morte súpeta. Na final, de ser preciso, unha quenda de 3.
23/8/08
NOVAS DA CATEGORÍA ALEVÍN
22/8/08
LALÍN CUP ´08
Categoría CADETE:
GRUPO A: RC Deportivo Coruña, CD Lugo, EF Lalín
GRUPO B: RC Sporting Xixón, CD Conxo, Ponte Ourense CF
Categoría INFANTIL:
GRUPO A: RC Deportivo Coruña, CD Lugo, EF Lalín
GRUPO B: Santiago de Compostela CF, CD Conxo, Ponte Ourense CF
Na foto, o equipo infantil que participou na Lalín Cup 2007. Moitos destes xogadores estarán este ano, xa sexa como infantís ou ben como cadetes.
En próximas entradas daremos os horarios de partidos. Agora só dicir que tanto os cadetes (herba artificial) como os infantís (herba natural) da EF Lalín xogarán os seus encontros o sábado 30 pola mañá.
21/8/08
Novas na Categoría Infantil
As novas son as seguintes:1ª: Os dous equipos da EFL (A e B) inician a liga ao mesmo tempo:
sábado 27 de setembro.
2ª: 1º xornada da 1ª autonómica infantil grupo 3º (Santiago):
EF Lalín A- Arcángel C.F. (de Santiago e ascendido)
1º xornada da 2ª autonómica infantil grupo 6º (Santiago):
Cidade de Santiago B - EF Lalín B
(finalmente o Cidade presenta un equipo B)
3ª: Os dous equipos da EFL (A e B) compiten en ligas de 16 equipos (en 1ª o Flavia e o Milladoiro ocupan os postos de Santiago B e CD Artes, e en 2ª anotáronse dous novos, Belvís e La Salle B, polo que pasan de 14 a 16).
14/8/08
Empezan os adestramentos benxamíns e alevíns.
6/8/08
O venres, os Infantís a escena
Aviso, por se algún aínda non se enterou: A cita é este venres 8 de Agosto: todos os nacidos os anos 95 e 96 que fixeron a preinscrición (aínda que tamén haberá algún alevín e outros de proba) deben estar vestidos ás 18.00 horas con tenis ou zapatillas de deporte, isto para evitar evitar as inoportunas bochas e realizar algúns traballos físicos por fóra do campo, pois parece que a ocupación das instalacións vai ser un dos problemas cos que haxa que lidar de aquí en adiante.Na foto da tempada pasada vemos a Juanillo, que se perdeu a Fase de Ascenso por unha lesión da que seica está case restablecido. Estará o venres con todos os seus compañeiros.
5/8/08
Últimas incorporacións ao xuvenil
4/8/08
Iván Parada, adestrador de porteiros
Pasiño a pasiño a Escola de Fútbol Lalín vai cubrindo etapas. Agora tócalle incorporar a un adestrador de porteiros. Non era nova esta aspiración, pois levabamos varias tempadas intentando ter a un especialista dedicado en exclusiva aos cancerbeiros.
Aínda que se trata da súa estrea como adestrador do fútbol base (tívoa hoxe mesmo, luns 4 de agosto, cos tres porteiros cadetes que aparecen canda el na fotografía: Diego, Cheroki e Alex), non dubidamos que cumprirá sobradamente o seu cometido. 


