E para iso nada mellor que un brinde por parte dalgúns xogadores da categoría alevín e unha postaliña .
VAI POR TODOS/AS.
O maior espectáculo da EFL é outro ben diferente e que implica aos que nunca se visten de curto, os que non se mollan (ou se mollan en exceso), aos que animan ou berran ou sofren ou fan de todo un pouco. Esas e eses, si.
Os afeccionados que se deron cita este domingo no Cortizo puideron comprobar as excelencias da Escola de Fútbol Lalín. Era o derbi. O partido agardado. Alevín A contra B. Os de Willy contra os de Sueiro. E non só non defraudou, senón que as dúas escuadras, os seus xogadores, fixeron gozar ao público dun magnífico e, ante todo, competido encontro.
E cando todo semellaba que a 2ª sería un paseo militar para os de Willy, vai Sueiro e arrisca colocando a un, ata daquela descoñecido, Brais en punta, e a Erik de zapador do medio campo, con Fer facendo estragos pola banda. O partido deu entón unha imprevista viravolta. Dominio abafante do B que maniata ao A con presión en todo o campo contrario. Así, con intensidade, combatendo en cada metro e movendo moi ben o balón, sucédense as ocasións para o B. A defensa colectiva e Xosé Ramón, con magníficas intervencións, van librando como poden da avalancha a un sorprendido líder. Pero tanto vai o cántaro á fonte que ten que rachar. Primeiro sería Brais nunha espectacular xogada persoal, e logo, ante o delirio da parroquia, Fer remataría unha soberbia xogada colectiva. Era o 2-2. Sorpresa no Cortizo ante a superioridade do B nesa segunda parte, que ademais segue arriscando para gañar. Entón vai Willy e remexe no plantel, que se recompón un chisco e volve atacar con certa constancia. Aparece entón, cun elegante recorte dentro da área, Alberto, quen a falta de cinco minutos pon o definitivo 3-2 para o A no marcador. Segundo o escoitado, nunca os líderes sufriron tanto para quedarse cos tres puntos. Será que non hai mellor cuña que a da propia madeira.
En fin, enorme derroche físico, competitividade, abondosas cualidades técnicas e tácticas, e, máis ca nada, deportividade e compañeirismo. Todos os xogadores puxeron o mellor de si. E os choros e as alegrías finais tamén forman parte do espectáculo. Todo é experiencia.


-A categoría benxamín funciona como un conxunto non como tres equipos ou tres grupos individuais.
- Os obxectivos, contidos, criterios de organización, metodoloxía... están marcados, en consenso cos adestradores, desde a coordinación.
- O responsable último de todos estos aspectos (incluídos rotacións en convocatorias e rotacións por postos no xogo) é o coordinador.
Por outra parte, queremos agradecer o labor feita polas nais na distribución dos bolsos de deporte. Moitas gracias.
"Tres eran tres e ningún era malo".
E iso é bo. Ademais de adestrar ben, competir mellor.
Nas fotos faltan algúns, pero xa sairán.