4/4/09

Espectaculares xuvenís!!!!!

Se ben era moi certo que tiñamos un tanto esquecida a categoría xuvenil neste blog, non por iso deixamos de estar con eles e apoialos, nos bos e nos malos momentos. O que pasaba era que cadraba mal para facer fotos e cadraba mal para ilos ver. Pero tiñamos contraída unha débeda con este equipo, como ben nos recordaban os atinados comentarios. E hoxe queremos pagala.
E sería nun importante partido onde puidemos comprobar o que xa se presentía: a espectacular 2ª volta que están a facer, refrendado cunha non menos espectacular 2ª parte ante todo un 2º clasificado, o poderoso Cacheiras.
Como nada importante resulta doado no deporte, o partido púxose custa arriba xa aos 10 minutos (0-1). Pero reaccionou deseguido a escuadra de César cun magnífico remate de cabeza Manuel (na foto). Era o 1-1 que fixo xustiza á igualdade que se vía no campo. A segunda xa foi outro cantar, por preparación, por intensidade, por saber estar os dezaos impuxeron sempre o seu fútbol. O Cacheiras case non inquedou a meta de Dani e as ocasións da EFL sucedíanse. Pero o balón non quería entrar. Ata que por fin, no minuto 70, Alvarellos puxo o balón na área para que un oportuno Diogo atinase a introducilo na portería e desequilibrar a contenda. Era o 2-1 e empezaron os cambios dos xogadores lesionados (Marcos, Diogo e Óscar) por outros de refresco (Marcos Rodríguez, Miguel, Brei e Cristian) que fortaleceron aínda máis ao equipo. E sería un Brei incordiante e todoterreo quen no minuto 85 mandase o balón á mesma escuadra para poñer a tranquilidade nos seareiros. Era o 3-1 final, que realmente puido ser máis amplo se non fose polos postes e polas boas intervencións do meta visitante.
En resumo: tres puntos que nos disparan cara arriba na clasificación, polo que seguimos pelexando por estar na fase. E o que resulta máis esperanzador aínda, vese poder e bo ambiente nun equipo no que todos estiveron a gran nivel, desde un seguro Dani a un perigoso Diogo, pasando polos efectivos centrais Pacheco e Xoel, o poderío do cadete Xosé Ramón, a agresividade de Óscar, a creatividade de Roi, a calidade de Alvarellos e a forza de Manuel, sen esquecer as aportacións fundamentais de nomes coma Marcos, Xosé Manuel, Brei, Miguel, Marcos Rodríguez, Cristian e toda unha plantilla ben dirixida por César e preparada para o que vai vir, que será difícil, pero non imposíbel. Noraboa, pois.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhorabuena a todos pero debeis seguir asi hasta el final ya que
esta liga no tiene distancias y
unas jornadas estas en la gloria y
a la siguiente te ves cerca de los
puestos de descenso por lo tanto no
bajeis los brazos.
Mantener la categoria es un objectivo
primordial y si jugamos la fase sera
un premio.Un Saludo.

Anónimo dijo...

Alvarellos é con ´´v``

Anónimo dijo...

pero por etimoloxía debería ser con "b"

Anónimo dijo...

Moi grandes xuvenís, quedanvos poucos partidos é son todas finais.Hai que tentar gañalos todos, seguide así loitando por cada punto.
VOS PODEDES!!!

Anónimo dijo...

Gustarianme saber alguns alcumes que lle tedes posto a xogadores, xa que por exemplo adrian o de infantis é o matador.
Gustariame saber máis a poder ser de xuvenis!!Grazas