20/4/09

A maior débeda: Infantil B

Se hai unhas semanas eran os xuvenís os que, cos seus comentarios, nos presionaban porque case nunca aparecían neste blog e tivemos que pagar unha merecida débeda con eles, hoxe é o momento do equipo Infantil B. Trátase do único grupo da EFL que aínda non apareceu en formación neste blog. Pero eles non dixeron nada. Ninguén fixo comentario ningún a seu favor ou por eles. Son parte importante da nosa familia porque asisten aos adestramentos en masa, compiten os sábados, están ao cargo de Toño. Ademais, despois de certos bailes entre A e B, son máis en número pero teñen 25 fichas, o que provoca que cada fin de semana queden fóra 9 xogadores (a non ser que vaian convocados co equipo A). Figuran na metade da táboa clasificatoria, pero buscan ir mellorando pouco a pouco. Están aí e ímolos nomear un por un. Eles son: Faílde, Currás, Alex, Álvaro, Areán, Cristian, Diéguez, Edu, Ionatan, Brei, Jorge Vilas, Luís Manuel, Isidro, Manu, Marcos, Martín, Rodrigo, Santi, Serginho, Suso, Vítor, Xabi I, Xesús, Xabi II, Kevin e Michi.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

son un infantil do b e quero apuntar un error failde e do a e alvaro xa non esta na escola

Anónimo dijo...

ESTA TEMPADA NON A FIXEMOS MAL ,PERO AORA TOCA ESFORZARSE POR MELLORAR . VISCA BARSA.. 2-6 KE PUTEO

Anónimo dijo...

sen michi seriades o triple de mellores perdoade

Anónimo dijo...

michi peinate o no tienes dinero de tu amigo:Curras



i no fli`pes